Cuarta praza definitiva para Galicia en categoría infantil masculina, a única que disputaba partidos este mércores de peche de Campionato. Coa súa derrota ante Valencia os de Javier Llorente pasan ao palmarés deste campionato como cuartos clasificados do Grupo Especial.
Completan así a participación Galega neste KDTINF2022, a cal, lembremos, comezaba a establecerse na tarde do martes cos seguintes postos definitivos.
Galicia Infantil Feminina: 6 Clasificada Grupo Especial.
Galicia Cadete Masculina: 7 Clasificada Grupo Especial.
Galicia Cadete Feminina: 10 Clasificada Grupo Especial.