Da man do seu irmán Darío, adestrador en Porriño Baloncesto Base que tamén todo o Baloncesto Galego coñece e quere, seguimos a traxectoria que trouxo a Miguel ata aquí: “A súa elección como seleccionador éncheme de orgullo. Creo que o vai a facer ben, non só por como é como adestrador senón por como é como persoa. Xestionando grupos é excelente. É unha persoa con moita paciencia, é unha persoa que sabe cando ten que apretar un pouquiño e cando ten que soltar e sobre todo porque di as cousas á cara e iso calquera xogador ou xogadora agradéceo moitísimo”.
A Familia: Darío Méndez
- 30 Setembro 2021 |
- Sección: Actualidade