Presentamos, unha vez aprobadas pola Comisión Delegada FGB, as modificacións de Datas e sistemas de competición para as competicións FGB que retomarán a marcha tras o anuncio da Xunta de Galicia que autoriza de novo a práctica do Deporte Federado na nosa Comunidade. O balón comezará a botar de novo en liga oficial de xeito progresivo, sendo as 1º Divisións Cadetes e Infantís as primeiras en facelo a vindeira fin de semana (27 – 28 de febreiro).
Modificacións nas Ligas FGB para a volta á competición
- 19 Febreiro 2021 |
- Sección: Actualidade