Deporte Galego

Serie “3X3” FGB – A Coruña: últimas datas para a inscrición!

A Praza do Parrote acollerá o vindeiro catro de xuño a estrea da nova competición “3x3” da Federación Galega de Baloncesto.

Nesta primeira cita co "3x3 FGB" Poderán participar ata un máximo de 24 equipos con xogadores e xogadoras federados ou non federados nados no ano 2005 e anteriores. 

A inscrición para esta Serie 3x3 FGB a celebrar en A Coruña remata o vindeiro martes, 31 de maio; e pode realizarse a través da web: www.3x3fgb.gal 

Fases Finais: 1 División Infantil FGB

A Categoría Infantil toma o protagonismo das Fases Finais FGB. Vigo e Porriño acollen a competición na liga feminina e masculina, respectivamente; poñéndose en xogo o Campionato Galego e 3 prazas nos Campionatos de España de Clubs. 

Fases Finais FGB 2 División Masculina: CB Allariz, Campión

O Título Autonómico e dúas prazas de ascenso a 1 División Masculina para os finalistas póñense en xogo na Fase Final de 2 División Masculina. Con sede en Allariz, na súa primeira xornada; e en Compostela na data decisiva, a competición rexistra os seguintes econtros e resultados: 

Fase Final 1º División Preinfantil Feminina: Traumacor Culleredo, Campión!

Culmina a temporada para a 1ª División Preinfantil Feminina. A Fase Final da competición chega este sábado, 7 de maio; en formato de semifinais, final e 3º e 4º posto.

Con sede en Culleredo e CB Culleredo como organizador, buscarán o título galego o propio club anfitrión xunto a Costa Ártabra, Básquet Coruña e CB Allariz. Farano co seguinte cadro de xogo:

Fases Finais B: Ponse en xogo a permanencia en 1º División Cadete

A competición pola permanencia en 1º División Cadete FGB tamén recolle protagonismo nas dúas próximas fins de semana. De xeito paralelo á loita polo campionato, os tres primeiros clasificados dos Grupos B1 e B2 da Liga Regular disputarán a súa propia Fase Final B, poñendo en xogo unha permanencia na categoría que será a recompensa para os dous finalistas en cada caso. 

 

Fases Finais FGB - 1º División Cadete FGB: Cafés Candelas Ensino e Balidea Obradoiro, no podium

Os campionatos autonómicos de 1º División Cadete FGB arrincan a súa quenda final. A fase decisiva da competición establécese en dúas xornadas de xogo consecutivas que, en ambos os casos, masculino e feminino; disputaranse este sábado, 30 de abril; e o vindeiro domingo, día 8 de maio. Cara a cara atoparanse os seis mellores equipos das Ligas FGB regulares. 

Ao recoñecemento dos Campións desta temporada 2021 -2022 súmase nestas Fases Finais a posta en xogo das prazas correspondentes a Galicia nos Campionatos de España desta categoría. En Cadete Masculina con dúas prazas en xogo, e con tres no caso Feminino. 

 

O 3X3 FGB chega ás rúas galegas

Regresa o 3x3 FGB e, desta volta, dá o salto ás rúas galegas. O vindeiro mes de xuño a competición 3x3 da Federación Galega de Baloncesto chegará ás cidades de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela para facer desfrutar a todos os afeccionados deste formato.

Dúas Series previas clasificatorias e unha Serie Final configuran esta nova aposta polo 3x3 da Federación Galega de Baloncesto, en colaboración principal coa Xunta de Galicia, os Concellos de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela, e o Centro Comercial Área Central.

1 División Autonómica Feminina: TVMAC CLB, Campión Galego

O liderato definitivo e a conseguinte Praza de ascenso a 1 División Feminina son o obxectivo da Fase Final da 1 División Autonómica Feminina 2021 - 2022. A celebrar baixo a organización de AD Cortegada, os seis mellores clasificados tras a Liga Regular buscan o Campionato no Pavillón de Fontecarmoa.

Fase Final 1 División Masculina: Obradoiro CAB, Campión Galego

Dúas xornadas para coñecer ao Campión da 1 División Masculina FGB 2021 - 2022. Este sábado, 23 de abril; e o vindeiro día 30; son as datas marcadas para dilucidar o título de Liga para esta competición, e para conceder outra gran recompensa deportiva á temporada: 2 prazas de ascenso á Liga EBA. 

 

Fases Finais 1 División Júnior FGB

Chega un momento crucial para as competicións Base FGB. Esta fin de semana, 23 e 24 de abril; inícianse as Fases Finais das Primeiras Divisións en categorías Base e fanno coa competición Júnior.

Planeta Mini 2022: Galicia Masculina é de Bronce!

Ledicia Máxima! A nosa Selección Mini Masculina fai historia nun Campionato de España Minibasket en categoría masculina e pasa a formar parte do seu palmarés cunha traballada e Merecida Medalla de Bronce. O equipo que dirixe Rubén Vigo, man a man con Iago Mariñas e Alejandro Iglesias; rubricou esta mañá ante Aragón (54 - 75) a súa última vitoria neste Campioanto, un trunfo que sabe a bronce. 

Resultados e Clasificación Planeta Mini 2022

KDTINF2022: Galicia despide Huelva con boas sensacións

Cuarta praza definitiva para Galicia en categoría infantil masculina, a única que disputaba partidos este mércores de peche de Campionato. Coa súa derrota ante Valencia os de Javier Llorente pasan ao palmarés deste campionato como cuartos clasificados do Grupo Especial.

Completan así a participación Galega neste KDTINF2022, a cal, lembremos, comezaba a establecerse na tarde do martes cos seguintes postos definitivos. 

Galicia Infantil Feminina: 6 Clasificada Grupo Especial.

Galicia Cadete Masculina: 7 Clasificada Grupo Especial.

Galicia Cadete Feminina: 10 Clasificada Grupo Especial.

Galicia Masculina di adeus á Final no Planeta Mini 2022

Gran martes de baloncesto e soños para a expedición galega no Planeta Mini 2022. A nosa Selección Masculina afrontaba a oportunidade, xa histórica, de desputar unhas semifinais nun campionato nacional. O equipo que dirixe Rubén Vigo viuse as caras nesta importante cita con unha poderosa Cataluña, nun encontro que acabou con derrota. 

Pola súa banda, Galicia Feminina disputou ante Asturias e con resultado negativo o seu derradeiro encontro neste Planeta Mini. As galegas non foron quen de defender con final óptimo a súa praza en Grupo Especial. 

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis