Deporte Galego

Super User

Super User

Santiago acolle este Sábado a Final do Circuíto “3X3 FGB”

- A Praza Exterior do Centro Comercial Área Central será o escenario este sábado, 25 de xuño; da Serie Final do noso circuíto “3×3” FGB.

- Nesta Serie Final do «3×3 FGB» participarán os 14 mellores equipos clasificados tras a disputa de dúas series previas de A Coruña e Ourense.

- O equipo gañador do circuíto "3x3 FGB" farase cun premio de 2000 €.

A VII Jamboree Minibasket de Clubs arrinca en Compostela

Un total de 225 deportistas pertencentes a 15 equipos de Baloncesto en categoría Minibasket dan vida dende este mércores, 22 de xuño; a “VII Jamboree Minibasket de Clubs” que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago. A competición celébrase no Pavillón do Restollal, con 6 equipos masculinos e 9 femininos que competirán ata o vindeiro 25 de xuño.

Peche de temporada coas Fases Finais Sub 22

Últimos compases da temporada. O ciclo deportivo 2021 - 2022 celebra este sábado, 18 de xuño; a súa derradeira fase final, neste caso nunha categoría xa habitaul cada fin de temporada, a Sub 22.

Baixo a organización de Bosco Salesianos en Masculino e Fedesa Rosalía en feminino, a competición celebrarase en formato de semifinais e final, engandindo, en cada caso, os partidos clasificatorios precisos en función do número de equipos: 6 na fase feminina e 8 na masculina. 

 

A Xuntanza Preminibasket chega este domingo a Laracha

Esta nova edición da Xuntanza Preminibaske presentouse esta mañá no Concello da man de representantes municipais, da Federación Galega e do C.B. Laracha.

Daranse cita no pavillón Municipal da vila un total de 250 participantes que conforma as seleccións zonais da Federación Galega de Baloncesto, así como sendos combinado autonómicos de xogadores e xogadoras da xeración 2013.

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence