Deporte Galego

Super User

Super User

Fase Final 1 División Autonómica Feminina: Esclavas, novas campioas galegas!

Tras aclarar o destino a xornada inicial da Fase Final, Esclavas e Porriño Baloncesto Base foron os protagonistas dunha final que, ademais do título de Campioas Galegas, outorgoulle ás gañadoras unha praza de ascenso a 1 División Feminina. Foron as coruñesas de Esclavas as dominadoras da cita decisiva, facendo súa unha ampla vitoria (32 - 62) e con ela, o Campionato. 

Celta Zorka Recalvi salda unha débeda histórica co seu ascenso á LF Endesa

O equipo de Cristina Canteiro impúxose este sabado no último encontro da Final Four de Liga Challenge á Cordà de Paterna, certificando así o seu ansiado ascenso á LF Endesa. Unha promoción avalada polo gran apoio da súa afección e o de todo o Baloncesto Galego.

As celestes realizaron toda unha demostración de carácter sobre a pista para sobrepoñerse aos momentos máis complicados do encontro. E todo iso liderados por unha Regina Aguilar que terminou conquistando o MVP da Fase Final, premio que lle entregou o Presidente FGB, Julio Bernárdez.

Campionato de España Júnior: os clubs galegos, en acción desde este domingo

O primeiro Campionato de España de clubs xa está aquí. A provincia de Huelva volverá ser a sede dun torneo que empeza o 30 de abril e disputará as finais o 6 de maio. O sistema de competición será o mesmo das últimas edicións, con 32 equipos por categoría divididos en 8 grupos de catro equipos. Pasarán a oitavos de final os tres primeiros dos Grupos A, B, C e D; e os líderes dos Grupos E, F, G e H.

Os campións e subcampións galegos que buscan realizar o maior papel posible nestos Campionatos son: Obradoiro Peleteiro (Campión Galego Júnior Masculino) e Bosco Salesianos  (Subcampión Galego Júnior Masculino); e en categoría feminina: Cafés Candelas Ensino (Campión Galego) e Celta Zorka Recalvi (SubCampión Galego).

Vigo presenta a fin de semana do baloncesto feminino

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou no Pavillón de Navia a Final Four de LF Challenge que se disputará este sábado e domingo. Catro equipos para a segunda praza de ascenso a LF Endesa.

Ao acto acudiron, ademais de Abel Caballero, alcalde de Vigo, Elisa Aguilar, directora de Competicións FEB; Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega;  Carlos Álvarez, presidente do Celta Zorka Recalvi; Manel Fernández, concelleiro de Deportes de Vigo; e Susana García, vicepresidenta da FGB

Designacións CGAB: Manuel Seijo, na Final A4 da Liga Challenge

A Final Four da LFChallenge que viviremos en Vigo este sábado e domingo, 29 e 30 de abril; xa ten designacións arbitrais, nas que está presente o noso compañeiro CGAB, Manuel Seijo.

Seijo formará parte do grupo de 6 colexiados que dirixirán os tres encontros da Fase.

A competición terá lugar no Pavillón de Navia.

Os nosos Parabéns a Manu. Unha nova experiencia para desfrutar, dobremente especial neste caso por celebrarse en Galicia.

Marín, sede para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminina

Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto asinan o convenio do Campionato de España de Clubs Infantil Feminino.

O presidente FGB, Julio Bernárdez; e a alcaldesa de Marín; María Ramallo; rubricaron na tarde do xoves o acordo de colaboración para converter á vila na sede desta cita Nacional en categoría feminina.

Fases Finais Cadete "B": A Copa Federación 22 - 23 coñece aos seus campións

As Fases Finais "B" de 1º División Cadete inician esta fin de semana a súa competición. Co importante premio para os finalistas do mantemento de categoría, esta rolda de xogo porá tamén sobre a mesa a disputa da Copa Federación. 

Porriño Baloncesto Base será anfitrión para a Fase "B" en categoría masculina, facendo o propio en feminino a colaboración de Salesianos Vigo e Colexio Miralba. 

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis