Deporte Galego

Super User

Super User

VIII Convivencia Benxamín Club Baloncesto O Meco

  • 16 Maio 2013 |
  • Sección: Clubs

O Club Baloncesto O Meco renova en O Grove, unha edición máis, a cita coa súa Convivencia Benxamín, actividade xa tradicional a celebrar cada 17 de maio, coincidindo coa Día das Letras Galegas.

Carballo celebra con éxito o "Primeiro Día Autonómico do Pequebasket"

  • 20 Maio 2013 |
  • Sección: Clubs

O "Primeiro Día Autonómico do Pequebasket - Carballo 2013" encheu este venres, 17 de maio, esta vila coruñesa con toda a maxia do Baloncesto. Rexistrando éxito de convocatoria, con máis de 300 participantes entre nenos en idade "pequebasket" e adestradores, o formato "4x4" converteuse en centro de atención dunha festa na que a organización, de mans de Escola Basket Xiria e Concello de Carballo, foi perfecta.

X Día Autonómico do Minibasquet 2013

Preparada xa unha nova edición do "Día Autonómico do Minibasquet", fixado este ano para o vindeiro oito de xuño, empregando de novo como sede o Pavillón santiagués do Multiusos Fontes do Sar.

Clínic Formativo en Ferrol da man de Jose Ignacio Hernández

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto, en sintonía coa inminente celebración en Ferrol do XV Campionato de España de Clubs Cadete Masculino (do 26 de maio ao 1 de xuño), organiza na propia cidade departamental, que será a auténtica protagonista nestes días que se aveciñan, un atractivo Clínic de formación dirixido a adestradores e co técnico salmantino José Ignacio Hernández como referente.

A "Incidencia das Regras de Xogo no Baloncesto de Formación", a debate

- As áreas deportiva e arbitral da FGB activan unha mesa redonda baixo esta temática, a celebrar dentro dos actos paralelos ao XV Campionato de España de Clubs Cadetes, competición que terá lugar en Ferrol desde este domingo, 26 de maio, e ata o próximo 1 de xuño.

- A actividade en cuestión terá lugar o 29 de maio, no salón de actos do Campus Universitario Ferrolano a partir das 16.00 h.

Establecimientos Otero e Marín PeixeGalego inician a Fase Final de Ascenso a Adecco Plata

  • 24 Maio 2013 |
  • Sección: Clubs

Establecimientos Otero (Cambados) e Marín PeixeGalego (Marín) afrontan dende esta mesma tarde de venres, 24 de maio,; e ata o domingo 26, a súa participación na Fase de Ascenso a Adecco Plata.Os dous representantes galegos nesta fase final da temporada para a Liga EBA compiten encadrados en dous grupos diferentes, coa particularidade de que a vila de Cambados será a sede para os encontros de Establecimientos, no Grupo 1. Pola súa banda, os de Marín vivirán a súa fase en Madrid, co Real Canoe como anfitrión.

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis