Deporte Galego

Super User

Super User

Fases Finais FGB: Novobasket e CB Allariz, Campións Galegos

Quenda para as Fases Finais da Primeira División Infantil. Chega a etapa na que coñeceremos aos Campións Galegos e poranse en xogo: tres prazas no Campionato de España de Clubs Infantil Feminino e dúas prazas no Campionato Masculino.

Básquet Coruña organiza Fase final Masculina e CB Culleredo fai o propio coa feminina.

Fases Finais FGB: Institutos de Compostela, campión 2 División Masculina

A 2 División Masculina ten por diante dúas xornadas para dilucidar o seu Campión da temporada 2022 - 2023. A Fase Final celebrarase en Compostela baixo a organización de FEDESA. O seu calendario déixanos unha xornada previa con 4 encontros, que darán paso ás cruces decisivas.

Os 2 equipos que se clasifiquen para final do sábado, 20 de maio; disputaranse o título de Liga galego e obterán o ascenso a Primeira División Masculina.

COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

 A Federación Galega de Baloncesto, ante o grave incidente acontecido o pasado sábado, 6 de maio; nun encontro de Baloncesto Base celebrado na localidade de Rianxo, e no que por parte dunha persoa se realizaron intolerables insultos e ameazas a un colexiado do Comité Galego de Árbitros, comunica:

Fases Finais FGB: 1 División Preinfantil

A 1 División Preinfantil pon en xogo tres dos seus títulos da vixente temporada 22 - 23: os Campionatos Galegos, e a Copa Federación en categoría masculina.

A Fases Finais A realizarase baixo a organización de CB Culleredo en categoría feminina; e de Santo Domingo Betanzos en masculina. Pola súa banda, a Final da Copa Federación masculina celébrase en Betanzos, con organización a cargo da FGB.

Ourense estrea a competición 3x3 FGB

O Campionato Galego 3x3 U13 e U15 será protagonista en Ourense durante todo o mes de maio.

Esta Competición conta coa organización de Club Carmelitas Vedruna, en colaboración co Concello de Ourense.

Boiro presenta o Campionato Galego de Clubs 3X3 U17

A Concelleira de Deportes de Boiro, Dores Torrado; e o Presidente FGB, Julio Bernárdez, presentaron en sede do consistorio o Campionato Galego de Clubs 3x3 U17.

A competición terá lugar o próximo 17 de maio no no Pavillón CEIP Santa Baia.

Ao acto acudiron tamén Susana Fernández, Secretaria Xeral FGB; Francisco Alonso, Presidente do CB Santa Baia; e Guillermo Outeiral, Coordinador Deportivo do Club. 

 

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis