A localidade pontevedresa de Tui acolle os vindeiros días 21, 22 e 23 deste mes a concentración da Preselección Galega Cadete Feminina.
Un total de quince xogadoras están convocadas, baixo a dirección da seleccionadora Cristina Cantero, para comezar a preparación desta tempada de cara ao Campionato de España ás 11:30 horas no Pavillón Municipal de Tui.
Como é habitual, o nome e club de referencia de todas as convocadas poden consultarse no listado oficial que aquí se achega.