Galicia despide o Planeta Mini 2023 do xeito máis positivo posible. Dúas vitorias ante Aragón, asinadas ambas nos últimos segundos dos partidos, outórgannos un doble sétimo posto polo que estar moi satisfeitos. Todo o traballado, aprendido, vivido intensamente e celebrado en EQUIPO durante estos cinco días son tamén o mellor premio posible que os xogadores, xogadoras e os cadros técnicos poden levar consigo.
Neste intre de dicir ATA SEMPRE a un novo Campionato de España, queremos AGRADECER a todos e todas as que puxeron a súa pegada para chegar ata aquí: aos clubs, aos seus xogadores e xogadoras que formaron parte deste camiño nas diferentes concentracións de traballo; ás súas familias, aos nosos árbitros e a todo o persoal FGB que viviu xunto as Seleccións esta aventura. GRACIAS!!
GALICIA MINIBASKET MASCULINA
7 - 8 Posto - 05/04/23
(09:30 H) - Palau D´Esports
Aragón - Galicia (69 - 73)
GALICIA MINIBASKET FEMININA
7 - 8 Posto - 05/04/23
(09:30 H) - Palau D´Esports
Galicia - Aragón (56 - 53)