Cruz en ambos os duelos vividos este martes. Ambas as nosas seleccións afrontaron, con saldo negativo, o primeiro dos encontros para pelexar a posibildade de optar ao quinto posto. Fixérono ante Canarias, en categoría feminina; e Andalucía en masculina, rivais do máis esixentes!
Retransmisións - 04/04/23
GALICIA MINIBASKET MASCULINA
Do 5 ao 8 Posto - 03/04/23
(15:30 H) - Palau D´Esports
Galicia - Andalucía (74 - 89)
Nun encontro marcado por constantes alternancias de vantaxes curtas no marcador, Galicia mantívose forte ata ben entrados os últimos dez minutos de xogo. Nestes, algo mais acertados, os andaluces impuxeron un plus de ritmo, establecendo así a marxe definitiva no electrónico. Unha diferencia non moi ampla, pero suficiente para deixar a Galicia sen opcións de recuperar.
Os de Rubén Vigo desputarán agora o seu último encontro deste Planeta Mini 2023 ante Aragón. A cita será mañá, mércores; ás 09:30 h. En xogo, o séptimo posto do Campionato.
GALICIA MINIBASKET FEMININA
Do 5 ao 8 Posto - 04/04/23
(13:30 H) - Palau D´Esports
Galicia - Canarias (58 - 70)
Pelexou Galicia cun baloncesto fluído nun encontro que non puido asinar ao seu favor. O escenario de xogo permitiu manter opcións ata os últimos oito minutos, nos que as rivais racharon defintivamente coa tónica da igualdade, e romperon o ritmo galego. Traballado partido o das xogadoras de Adrián López, a pesares do resultado. O seu Campionato pasa agora por buscar o 7 posto no seu derradeiro cara a cara na pista. Será este mércores, ante Aragón, a partir das 09:30 h.