Galicia afrontou este luns unha complicadas cruces de cuartos de final neste Planeta Mini 2023. Dous rivais de máxima altura, como foron Cataluña en categoría masculina, e Andalucía en feminina, impediron sumar dúas boas novas máis a traxectoria galega neste Campionato. Pero, deixaronnos na pista máis destellos do gran xogo galego, e do seu carácter competitivo. Toca seguir!
Retransmisións - 03/04/23
GALICIA MINIBASKET MASCULINA
Cuartos de Final - 03/04/23
(15:30 H) - Palau D´Esports
Cataluña - Galicia (108 - 67)
Derrota con abultada diferencia no marcador que, a simple vista, non reflicte a competitividade e o esforzo do equipo de Ruben Vigo. Carácter e boa actitude caracterizaron a unha Galicia que tiña en fronte neste cruce de cuartos a unha Cataluña fluída e superior fisicamente. Partido para extraer sensación máis que positivas de cara ao novo capítulo que tocará afrontar: a pelexa entre o 5 e 8 posto do Campionato que comezará ante Andalucía (04/04/23 - 15:30 h)
GALICIA MINIBASKET FEMININA
Cuartos de Final - 03/04/23
(15:30 H) - Palau D´Esports
Andalucía - Galicia (79 - 29)
Galicia sufriu o poderío físico andaluz e sumou a este o cansanzo que xa empeza a pesar a estas alturas do Campionato. As rivais dominaron o encontro sen complicacións e pecharon marcador a altura do cuarto parcial de xogo, deixando as de Adrián López pensando xa no futuro reto máis inmediato deste Planeta Mini 2023: a loita entre o 5 e o 8 posto. A afrontala ante Canarias (04/04/23 - 13:30 h) coa máxima ilusión!.