Deporte Galego

IX Torneo de Seleccións Minibasket "Concello de Marín"

  • 13 Febreiro 2023 |

Chega unha cita tradicional e clave a nivel deportivo para as nosas Preseleccións Galegas Minibasket. O IX Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” celébrase esta fin de semana, 18 e 19 de febreiro; cos combinados autonómicos de Galicia, Euskadi, Castilla León e Asturias como protagonistas.

Na vila de Marín, e grazas á imprescindible colaboración de Concello local e Club Marín Peixegalego, estras catro seleccións minis reúnense un ano máis para compartir baloncesto e convivencia, medindo ademais as súas forzas na pista a menos de dous meses do Campionato de España.

O calendario deste XI Torneo de Seleccións Minibasket “Concello de Marín” repartirá o xogo en dúas sedes, desputándose a categoría feminina íntegra no Pavillón de A Raña, e a masculina no Colexio San Narciso. Os encontros nos que compareza Galicia poderán seguirse tamén en directo vía FEGABA TV.

IX Torneo de Seleccións “Concello de Marín” - Minibasket Feminina

18/02/23 - Pavillón A Raña
(10:00 h) Galicia - Castilla León (57 - 72)
(12:00 h) Asturias - Euskadi (51 - 61)
(16:00 h) Galicia - Euskadi (61 - 58)
(18:00 h) Castilla León - Asturias (77 - 52)

19/02/23 - Pavillón A Raña
(10:00 h) Euskadi - Castilla León (60 - 54)
(12:00 h) Asturias - Galicia  (55 - 70)


IX Torneo de Seleccións “Concello de Marín” - Minibasket Masculina
18/02/23 - Pavillón Colexio San Narciso
(10:00 h) Euskadi - Asturias (81 - 57)
(12:00 h) Galicia - Castilla León (69 - 67)
(16:00 h) Castilla León - Asturias (99 - 53)
(18:00 h) Galicia - Euskadi (96 - 48)

19/02/23 - Pavillón Colexio San Narciso
(10:00 h) Euskadi - Castilla León (39 -71)
(12:00 h) Asturias - Galicia (13 - 63)

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis