Deporte Galego

KDTINF2023: Galicia, ante a penúltima xornada da competición

  • 05 Xaneiro 2023 |

06/01/23 - Cruces Clasificatorias

GALICIA CADETE MASCULINA

Do 09 ao 12 posto. 

(11:30 h - Pavillón Aljaraque)

Murcia - Galicia (79 - 84)

Trunfo loitando á contra o que chegou para Galicia no seu penúltimo partido deste Campionato. Os nosos saíron desordenados e algo descentrados, o que aproveitou Murcia para inaugurar o marcador cun contundente 8 - 0. 

Murcia non desaproveitou a primeira metade de partido e, moi conectada, botou man unha alta porcentaxe en acerto ofensivo, sobre todo dende a liña dos tres puntos. Esta capacidade resolutiva deixábaa nunha diferencia de 20 puntos ao seu favor ao inicio do terceiro cuarto de xogo. 

Galicia viuse obrigada a recuperar a intensidade que a caracteriza como equipo e, tras unha boa e necesaria reacción, e tras dúas triplas convertidas que insuflaron aire, collía rumbo á reducción da vantaxe rival e a convetíaa en favorable, asinando así un trunfo que tocou pelexar.

Do 09 ao 10 posto. 

(19:30 h - Hernández Albarracín)

Euskadi - Galicia (65 - 49)

10 Posto final para Galicia Cadete neste KDTINF23. Nun duelo moi físico ante Euskadi, os de Gonzalo García de Vitoria tiveron que poñer cara tanto ao rival como ao cansanzo acumulado tras catro días de competición intensa e esixente. A pelexa polo 9 posto da clasificación definitiva viu da man dun encontro algo tosco e cuxa alternancia de diferenzas caeu en positivo do lado vasco. Os rivais estiveron un punto por enriba dos galegos, esa distancia necesaria para asinar unha vitoria que lles concedeu a novena praza. 

GALICIA CADETE FEMININA

Do 09 ao 12 posto.

(11:30 h - Pavillón Carolina Marín)

Galicia - Euskadi (77 - 42)

As infantís galegas suman unha nova vitoria a pesar do cansazo dos días, que xa se vai notando.

As xogadoras vascas saíron á pista moi enchufadas, saltando moi ben ao 2 contra 1. Galicia tiña que frear este ritmo e para facelo atopou, a través do pase, situacións de vantaxe con tiros cómodos preto do aro. Aínda así, Euskadi castigaba tamén co seu tiro exterior.

A partir do segundo cuarto as forzas de Euskadi comezaron a fraquear, conseguindo Galicia marcharse de 14 puntos, a pesar do pouco acerto no tiro exterior.  Tras a regreso dos vestiarios, Galicia mantivo a mesma liña, afogando os puntos fortes vascos e permanecendo sólidas nas transicións ofensivas. Nos derradeiros 10 minutos, as vascas tentaron, cun xogo algo máis agresivo, achegarse no marcador, pero as de Nacary souberon administrar con calma o seu xogo, sobre todo anotando en tiro exterior, o que se resisitirana primeira parte.

Do 9 ao 10 posto.

(19:30 h - Pavillón Frontón Palos)

Galicia - Baleares (61 - 64)

Resultado negativo para Galicia nun econtro que iniciou de xeito impreciso pero que non se decidiu ata o minuto final.

Unha Galicia algo dubitativa tivo que reaccionar para evitar que Baleares marcara unha distancia insalvable dende os primeiros compases. As de Nacary activaron o modo competición e promoveron un duelo con alternancia de canastras e refachos de bo xogo por parte dos dous equipos.

A pesar de regresar dos vestuarios  metidas de cheo no partido, o cansazo xa acumulado fixo efecto nas galegas, en contraposición ao aguante físico evidente das rivais. Tras un final de encontro moi axustado, chegando ao empate a 61 puntos;  Baleares soubo aproveitar un desaxuste defensivo galego para transformar unha tripla desde a frontal e asinar así a vitoria. 

Galicia remata así como 10 CLASIFICADA no cómputo xeral. 

GALICIA INFANTIL MASCULINA

Do 5 ao 8 posto.

(15:30 h - Pavillón Diego Lobato)

Castilla León - Galicia 

Partido increscendo para Galicia.Os casteláns comezaron cun maior nivel de dureza e conseguiron levarse as primeras e claras vantaxes.

Nun partido moi trabado e con moitas faltas, o equipo galego foi mellorando minuto a minuto e achegándose no marcador.

Na segunda parte, grazas a un excelente nivel defensivo que permitía ter ataques rápidos, Galicia gozou duns minutos de altísimo nivel para distanciarse no marcador ante unha selección moi competitiva.

Dominio final no marcador que permite clasificarse para o cruce definitivo polo quinto posto. 

GALICIA INFANTIL FEMININA

Do 5 ao 8 posto.

(15:30 h - Plus Ultra)

Madrid - Galicia 

Duelo ante Madrid no que o cansancio acumulado nos xa catro intensos días de campionato fixo mella nas nosas. Incapaces en moitos momentos de desplegar o seu xogo, Galicia foi a remolque durante todo o partido. 

O maior rendemento físico das Madrileñas e erros en ataque das de Miguel Castro fixeron imposible retomar o ritmo do encontro

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis