Deporte Galego

KDTINF2023: Comezan as cruces clasificatorias!

  • 04 Xaneiro 2023 |

05/01/23 - Cruces Clasificatorias

GALICIA CADETE MASCULINA

Do 09 ao 16

(09:30 h - Pavillón Hernández Albarracín)

Cantabria - Galicia (55 - 88)

Primeira vitoria para Galicia nas cruces clasificatorias do 9-16. O duelo iniciouse algo espeso por parte de ambos os equipos.  Galicia marcou a súa identidade a base dunha defensa intensa e lendo mellor o xogo que os seus rivais cántabros. Rompeu Galicia así o encontro e estableceu unha vantaxe que lle permitiu obter maior confianza e fluidez en ataque.

No último cuarto, Cantabria aproveitou certas perdas galegas para sumar, pero non foi suficiente. Os de Gonzalo García clasifícanse así para o encontro que marcará a sorte entre o noveno e doceavo posto. Será ante Murcia ante 11:30 h. 

GALICIA CADETE FEMININA

Do 09 ao 16

(11:30 h - X2. Pavillón Aljaraque)

Galicia - Castilla León (69 - 56)

Galicia iniciou o partido moi intensa, alternando momentos de imprecisións nos pases e no xogo colectivo de ataque, con intres de bo baloncesto, disciplina táctica e xerando espazos para tiros acertados.

Así foi a súa liña de xogo durante a primeira parte do encontro.

Na segunda metade, Galicia luciu máis desconcentrada e moi precipitada en ataque, o que soubo aproveitar Castilla León anotando un total 23 de puntos.

Este desorde nas ideas das xogadoras de Nacary mantívose no último cuarto. Amosábanse un pouco imprecisas, errando xogadas sinxelas. As rivais souberon aproveitar esta situación poñéndose a 4 puntos, pero tres canastras seguidas das nosas metéronas de novo no partido, poñéndose 10 puntos arriba. 

A selección galega xa non baixou o ritmo ata o final, materializando a diferencia final.

GALICIA INFANTIL MASCULINA

Cuartos de Final

(15:30 h - Pavillón Andrés Estrada)

Cataluña - Galicia  (79-61)

Excelente partido dos infantís de Pablo Abuín. Galicia presentouse ante unha potente Cataluña, e fíxoo moi completa, tanto en defensa como en ataque. Os galegos despregaron en todo momento un xogo de ti a ti, grazas, en gran medida; ásúa elevado esforzo colectivo. Funcionaron como un reloxo. 

Mantivérose nos dous primeiros cuartos con diferenzas no electrónico non superiores aos 5 puntos. Foi xa o terceiro tempo de encontro o que concedeu a Cataluña a vantaxe clave grazas ao seu tiro exterior. Finalmente, nos derradeiros compases, as distancias mantivéronse ata o resultado final. Unha cifra esta que non premia ao gran basket despregado pola nosa Selección. 

GALICIA INFANTIL FEMININA

Cuartos de Final

(17:30 h - Pavillón Gil Hernández)

Andalucía - Galicia (58 - 55)

Partido emocionante, disputado e coa igualdade como máxima. A gran diferenza física entre ambos os equipos fixo mella en Galicia. As nosas saíron desde o minuto un a competir e, por suposto, co obxectivo de gañar. Cunha grandísima actitude, na que non se daba nada por perdido, as de Miguel Castro, decidíronse a tomar as rendas dun encontro que se decantou nos últimos intres, cunha Galicia á heróica.

Pero a sorte finalmente non sonreía. Treméronnos as mans nos tiros libres e non logramos levarnos un partido que se puido decantar para calquer bando. Derrota con dous puntos abaixo, pero coa sensación de poder ser semifinalistas e ofrecendo un baloncesto a altura dos mellores.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis