RESULTADOS: Infantil Mas | Infantil Fem | Cadete Mas | Cadete Fem
04/01/23
Grupo A: Cantabria, Asturias e Madrid.
(13:30 h - X3. Pavillón Andrés Estrada)
Madrid - Galicia (73 - 66)
Grupo A: La Rioja, Baleares e Cataluña.
(13:30 h - X3. Pavillón Diego Lobato)
Cataluña - Galicia (71 - 20)
Partido algo frouxo para as de Miguel Castro. Numerosas perdas de balón e pouco acerto nos rebotes castigaron a unha Galicia ante un rival que non perdoou, nin no dominio na pista, nin no electrónico. Agora toca recuperarse e poñer a cabeza e o corazón no cruce de cuartos de final a desputar este xoves.
Grupo E: Aragón e Baleares.
(11:30 h - X2. Pavillón Cortés Medina - Lepe)
Illas Baleares - Galicia (64 - 85)
Galicia comezou o partido con actitude de equipo gañador, manifestándoa nunha gran defensa individual, maravillosa intensidade e con boas axudas e recuperacións. Baleares pecaba de perdas de balón mentres Galicia gozaba de salidas positivas ao contraataque e gran acerto.
A segunda metade de partido foi a do baixón físico para as de Nacary. A súa intensidade e concentración decaían, en contraposición co cambio de ritmo das rivais. Baleares aumentaba a intensidade defensiva, provocando varias perdas de balón que foron que de aproveitar e transformar en acertado tiro exterior e en penetracións ao aro.
Ao remate do terceiro cuarto, e tras un parcial 26 - 16 a favor Balear, a distancia no electrónico reducíase a 7 puntos.
Afortunadamente, nos derradeiros dez minutos, Galicia reaccionou partindo de gran acerto no tiro exterior. Esto foi a clave para volver a dominar o marcador e recuperar ata a diferencia final de 21 puntos.
Grupo A: Asturias, Extremadura e Madrid.
(15:30 h - X3. Pavillón Carolina Marín)
Madrid - Galicia (87 - 85)
Axustada derrota para unha Galicia crecente en acerto e intensidade que obrigou a Madrid a despregar un alto rendemento para poder levarse o encontro. Sabor agridoce por un resultado que deixa a Galicia na loita polos postos do 9 ao 16, desputando mañá, xoves 5; o seu primeiro partido destes cruces. Será ante Cantabria ás 09:30 h.