Deporte Galego

KDTINF2023: Galicia debuta en Huelva

  • 01 Xaneiro 2023 |

Galicia estréase este martes, 3 de xaneiro; no KDTINF2023. As catro Seleccións Autonómicas afrontan a primera xornada de competición, abrindo a fase de grupos e comenzando a decicir o seu futuro no Campionato.

Lembrar que na rolda previa desta edición do KDTINF2023 clasificaranse os dous primeiros equipos dos Grupos A, B e C e os líderes do D e do E. De xeito paralelo, haberá outro cadro de cruces para dirimir os postos do 9 ao 16 (3º e 4º do Grupo A, 3º do B e C e 2º e 3º do D e E); e un triangular para os postos do 17 ao 19 (4º dos Grupos B, C e D).

RESULTADOS: Infantil Mas | Infantil Fem | Cadete Mas | Cadete Fem 

Canle FEB - DIRECTO PARTIDOS

Calendario Cadete - KDTINF2023

Calendario Infantil - KDTINF2023

03/01/23

GALICIA INFANTIL MASCULINA

Grupo A: Cantabria, Asturias e Madrid. 

09:30 h - Xornada 1. Pavillón Gil Hernández

Galicia - Cantabria (78 - 28)

Galicia abriu o campionato cunha vitoria propiciada pola súa alta intensidade na presión a toda pista e o seu alto porcentaxe anotador. Ao longo de todo o choque, o balón interior e a salida a campo aberto foron a garantía e vantaxe que o equipo encontrou para finalizar unha gran posta en escena. Asinaron un trunfo ben merecido. 

17:30 h - Xornada 2. Pavillón Sur - Lepe

Galicia – Asturias (83-39)

Moi bo partido da selección infantil ante un conxunto asturiano moi combativo e duro. Unha vitoria tamén moi importante a nivel de clasificación. Os de Pablo Abuín gozaron de fluídez e marcaron un alto ritmo a base dun gran nivel defensivo, a súa principal arma na primeira metade de encontro. Tras o descanso, mantendo esa mesma dinánima, Galicianon deixou de traballar e aproveitar cada minuto, co obxetivo de seguir mellorando co avance da competición.

GALICIA INFANTIL FEMININA

Grupo A: La Rioja, Baleares e Cataluña. 

11:30 h - Xornada 1   Pavillón Gil Hernández

Galicia - Illas Baleares (68 - 61)

Carácter e intensidade galegas nunha vitoria moi traballada e froito do traballo de equipo, dende a pista e dende o apoio de Banquiño. Aos nervios e imprecisións iniciais das galegas seguiulle un encontro de idas e volta pero con maior dominio Balear. Foi no derradeiro cuarto no que Galicia deixou claro que non baixaría os brazos ata provocar dúas prórrogas tan axustadas como finalmente positivas. Vitoria para estrear un campionato mandando unha mensaxe de valor e forza. 

19:30 h - Xornada 2. Pavillón Sur - Lepe. 

Galicia – La Rioja (58 -31)

Importante vitoria galega nunha cita na que o xogo das nosas pecou de algún altibaixo. momentos moi positivos en ataque e circulación de balón combináronse con certos erros anotadores. O cansazo acumulado do encontro da mañá ante Baleares fíxose notar, pero Galicia soupo manter o electrónico ao seu favor, asinando así un trunfo clave.

GALICIA CADETE FEMININA

Grupo E: Aragón e Baleares. 

17:30 h - Xornada 1. Pavillón Aljaraque

Aragón - Galicia (71-61)

Derrota galega marcada polo desarcetado papel das nosas nos dous primeros cuartos. As de Nacary non entraron en partido e Aragón aproveitou, sobre todo, o seu acerto en tiro exterior e en contraataques propiciados polas perdas galegas. Na segunda metade de xogo, Galicia despregou mellor balonceso, o que lles permitiu recortar distancias ata a diferencia final de dez puntos. 

GALICIA CADETE MASCULINA

Grupo A: Asturias, Extremadura e Madrid. 

11:30 h -  Xornada 1. Pavillón Aljaraque

Galicia - Asturias (58 - 65)

Asturias saltou á pista o dobre de conectado ao partido, tanto en ataque como en defensa. Galicia non amosou ideas claras en ataque. O acerto e a seriedade asturiana, especialmente na primeira metade, pecharon as opcións galegas de recuperar terreo na pista, e no marcador. 

19:30 h - Xornada 2. Pavilón Cortés Medina. Lepe. 

Galicia – Extremadura (84-48)

Primeira vitoria para Galicia no Campionato. A pesares de certos nervos iniciais, os galegos encararon a súa sorte positiva non encontró trazas a maior circulación de balón.  A diferencia ao descanso de 22 puntos facía dano nos rivais. Ao regreso da caseta, coa tranquilidade da renda no marcador, os de Gonzalo García amasaron as señas que os caracterizan como equipo: intensidade, e xogadas ben traballadas. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis