A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer este venres o cadro de xogo para esta cita, que terá lugar entre o tres e sete de xaneiro en diferentes localidades da provincia de Huelva.
Coa publicación do calendario e ruta da competición, coñecemos tamén cales serán os primeiros rivais galegos na Fase de grupos inicial.
Así, as nosas catro seleccións abrirán a súa participación ante os seguintes compañeiros de grupo:
Categoría Cadete Feminina - Grupo F
Galicia, Aragón e Baleares.
Categoría Cadete Masculina - Grupo A
Galicia, Asturias, Extremadura e Madrid.
Categoría Infantil Feminina - Grupo A
Galicia, Rioja, Baleares e Cataluña.
Categoría Infantil Masculina - Grupo A
Galicia, Cantabria, Asturias e Madrid.
Calendario Infantil - #KDTINF23
Calendario Cadete - #KDTINF23