A categoría Minibasket inicia a actividade no ámbito das Seleccións Galegas nesta temporada 2022 – 2023.
A inminente chegada do novo ano abre a súa programación de traballo, a cal se estenderá ata o futuro mes de abril, mes establecido para a meta do seu camiño: o Campionato de España.
Un total de 8 concentracións repartidas entre decembro e marzo configuran a súa folla de ruta. Estas citas levaranse a cabo a través de distintas convocatorias de xogadores e xogadoras que poderán consultarse aquí. Así mesmo, o calendario para cada unha delas queda reflectido na programación que tamén compartimos a continuación.
Programación Galicia Minibasket 22 - 23
Galicia Minibasket 03 e 04/12/22
Sección: Seleccións