Deporte Galego

Planeta Mini 2022: Galicia Masculina é de Bronce!

  • 13 Abril 2022 |

Ledicia Máxima! A nosa Selección Mini Masculina fai historia nun Campionato de España Minibasket en categoría masculina e pasa a formar parte do seu palmarés cunha traballada e Merecida Medalla de Bronce. O equipo que dirixe Rubén Vigo, man a man con Iago Mariñas e Alejandro Iglesias; rubricou esta mañá ante Aragón (54 - 75) a súa última vitoria neste Campioanto, un trunfo que sabe a bronce. 

Resultados e Clasificación Planeta Mini 2022

Revelación na Fase Previa do Grupo Especial, Galicia culminou esta apertura do Campionato cunha única derrota, ante a poderosa Andalucía; e con tres vitorias claras ante Madrid, Valencia e Baleares. Foron tres partidos claves para o seu pase a Semifinais e para comezar a escribir a súa particular historia de final máis que feliz. 

O cruce de semifinais ante Cataluña (76 -112)  non deparou a mesma sorte para os nosos, pero tras o trago da derrota, abriu o camiño da conquista da que hoxe xa é a súa medalla de Bronce de pleno dereito. 

PHOTO 2022 04 13 10 43 46

Paco Martín, Presidente FGB, felicitando aos xogadores ao remate da final 

Finalmente, chegou este mércores e con el un encontro ante Aragón por un 3 posto que lembraremos no Baloncesto Galego con especial cariño. O esforzo,traballo e desfrute dos nosos xogadores e de toda a expedición que os acompañaba ben o merece. PARABÉNS, GALICIA!

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence