Infantil Masculino
Semifinal - 12/04/22
(13:30 h) Andalucía - Galicia (91 - 66)
Derrota para unha Galicia que buscaba a oportunidade de refrendar o seu bo xogo cunha clasificación para a gran Final deste Campionato. O equipo de Javi Llorente saltou á pista menos enchufado do preciso nunha semifinal. Unha Galicia algo máis nerviosa do habitual erraba en situacións claras ataque. Andalucía aproveitaba esta situación e a superioridade do seu xogo interior para marcar territorio e establecer unha diferencia no marcador que Galicia, pese a intentalo aumentando a presión e rexistrando con maior acerto xusto antes do tempo descanso, non foi quen de recortar.
A posibilidade de desputar unha gran final escapábase, pero a cita coa fortuna danos unha nova oportunidade. Será no encontro polo 3 posto do grupo Especial ante Comunidade Valenciana, ás 09.00 h do mércores.
Infantil Feminina
Cruce: 3A - 3B - 12/04/22
(15:30 h) Valencia - Galicia (69 - 64)
Partido na disputa polo 5 e sexto posto onde os físicos e a enerxía xa se notaba menor por parte de ambos os equipos. Tras un inicio complicado, Galicia conseguía agarrarse ao partido e mesmo dibuxaba unha pequena cantase, deixando o electrónico, no descanso, 5 puntos arriba ao seu favor.
No regreso de vestiarios, un parcial valenciano de 20 - 4 arrastraba a Galicia a un escenario que semellaba moi complicado para os seus intereses. Con todo, Galicia foi que de agarrarse con forza ao partido e ofrecer un último cuarto no que as súas posibilidades recuperaban espazo. Pero, todos os seus esforzos non foron suficientes para deixar á Comunidade Valenciana atrás.
Ao remate, un sexto posto do Grupo Especial como recompensa a un torneo no que a imaxe e o xogo ofrecido polas galegas mereceu máis.
Cadete Masculino
Cruce: 4A - 5B -12/04/22
(19:30 h) Galicia - Castilla y León (92 - 61)
Peche de Campionato para unha Galicia que soubo dicir adeus ao Campionato cunha vitoria clara. O trunfo xestouse xa dende os primeiros minutos, cun primeiro cuarto de cor completamente celeste, con gran acerto tanto no ataque dende o perímetro como nas entradas a contraataque por roubo de balón
Totalmente metidos no partido, ainda que destacando máis no apartado individual que no colectivo, os de Óscar Díaz seguirán ampliando a súa vantaxe ao longo dos minutos, rendabilizando a súa superioridade no rebote defensivo e seu acerto no tiro exterior.
Castilla y León non baixou os brazos nen a actitude en ningún momento, pero non tiña nada que facer ante á marxe Galega no marcador e a súa presencia en pista.
Cadete Feminina
Cruce: 4B - 5A - 12/04/22
(13:30 h) Andalucía - Galicia (60 - 44)
Partido de ritmo moi forte por parte de ambos os equipos e marcado pola dureza e superioridade física das andaluzas. Neste escenario, as rivais castigaron ás galegas deixándoas, xa ao descanso, cunha desvantaxe de 10 puntos que, a partir de ahí, non fixo máis que ampliarse.
O esforzo realizado polas nosas durante os 40 minutos non se reflectiu no marcador, pero o espíritu de Galicia non desistiu en ningún momento. A porcentaxe de tiro, así como un total de 20 tiros libres errados penalizaron sen volta atrás ao equipo de Nacary.
Esta derrota final deixa a Galicia como 10 Clasificada do Grupo Especial.