Deporte Galego

Galicia Masculina di adeus á Final no Planeta Mini 2022

  • 11 Abril 2022 |

Gran martes de baloncesto e soños para a expedición galega no Planeta Mini 2022. A nosa Selección Masculina afrontaba a oportunidade, xa histórica, de desputar unhas semifinais nun campionato nacional. O equipo que dirixe Rubén Vigo viuse as caras nesta importante cita con unha poderosa Cataluña, nun encontro que acabou con derrota. 

Pola súa banda, Galicia Feminina disputou ante Asturias e con resultado negativo o seu derradeiro encontro neste Planeta Mini. As galegas non foron quen de defender con final óptimo a súa praza en Grupo Especial. 

Planeta Mini 2022 - 12/04/22

Minibasket Masculino 

Resultados e Clasificación

Cruce: Semifinal -12/04/22

(15:30 h) Galicia - Cataluña (76 - 112)

Semifinal histórica para Galicia. O equipo de Rubén Vigo comezou o partido moi concentrado e cunha intensidade defensiva que lles permitiu estar a tan só 9 puntos do catalán,  a pesares dalgúns descoidos e imprecisións motivados polos nervios unha cita desta altura. 

Xa na segunda parte, o acerto dos cataláns e o rebote ofensivo foron decisivos para impoñer un parcial no que Cataluña se situaba 20 puntos arriba, diferenza que xa se tornou imposible de reducir. En xeral, moi bo traballo dos galegos ante todo un equipo candidato ao título como o é Cataluña. 

 A última gran ocasión dos Galegos virá agora no encontro polo terceiro posto a disputar este domingo (09.00 h) ante Aragón. 

Minibasket Feminina 

Resultados e Clasificación

Cruce: 4B - 5A - 12/04/22

 (11:30 h) Galicia - Asturias (40 - 56)

Partido difícil de xestionar para Galicia. As de Rosa Crespo tiñan en xogo a posibilidade do descenso, cos consecuentes nervios entre as xogadoras. 

As nosas tiñan en forte a Asturias, un rival xa vello conocido para ellas e do que sabían que ía a ser intenso en defensa. E así foi. A capacidad defensiva asturiana pasaba factura e Galicia repetía erros xa cometidos durante todo o campionato e que seguía sen saber solventar. 

O gran acerto rival sentenciaba un encontro que deixaba a Galicia coa mala nova da perda de categoría. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence