Deporte Galego

#KDTINF2022 - 10/04/22: Resultados galegos

  • 10 Abril 2022 |

#KDTINF2022 - 10/04/22: Resultados galegos

 

CANLE FEB: Encontros en directo

Calendario Cadete

Calendario Infantil

Infantil Feminino - Grupo Especial B

Aragón, Madrid, Cantabria, Cataluña e Galicia. 

Resultados e Clasificación 

(13:30 h) Cantabria - Galicia  (58-69)

Vitoria moi imortante para a confianza galega. Un bo inicio de partido, con moita intensidade defensiva deixou as claras o que Galicia era capaz de facer. Pero, en diferentes fases do encontro, apareceron as dúbidas entre as galegas, imprecisións que Cantabria castigaba axustando no marcador.

Pero Galicia, a diferencia da primeira xornada, conseguiu manterse firme ata o final do partido, non deixando anotar ás cántabras nos seus últimos ataques.

Infantil Masculino - Grupo Especial B

Aragón, Asturias, Cataluña, Madrid e Galicia. 

Resultados e Clasificación 

(11:30 h) Galicia - Aragón (103 - 67)

Importante vitoria dos xogadores de Javi Llorente. A constancia e concentración durante o total de minutos de xogo foi clave nun trunfo que os deixa con opcións de clasificarse para as semifinais. Tras a derrota na tarde do sábado, neste nova oportunidade, Galicia correxiu erros e saiu á pista moi implicada en labores defensivas e forte mentalmente. Esta dinámica fixo aos galegos merecedores do dominio do partido, impoñendo un alto ritmo e gozando de moitos tiros de porcentaxe elevado.

Xogador por xogador, todo o equipo deu o seu máximo para manter a intensidade e asinar unha vitoria que pode ser vital e que lles fai chegar coas melhores sensacións competitivas de cara ao partido desta tarde ante Asturias (19.30 h)

(19:30 h) Asturias - Galicia (39-69)

Trunfo necesario para unha Galicia que venceu no electrónico pero tamén no apartado anímico. As de Nacary Rojas sobrepoñéronse à aciaga xornada do sábado e rubricaron un partido dende a intensidade en defensa, a alta concentración e a actitude.

A dinámica de xogo deixounos a unha Galicia dominadora da maior parte de minutos, pasando os maiores apuros no derradeiro cuarto, tempo no que CYL intentou acurtar distancias ante o baixón anotador galego, pero sen fortuna.

Traballada vitoria ante un combativo equipo asturiano.

Tratouse dun partido moi trabado, no que as defensas foron moi superiores aos ataques.

Ambas as Señeccións foron moi sólidas, cun nivel de dureza permitido moi alto.

A presión a todo campo dos galegos permitíulles poder sumar con certa facilidade, e afrontar a faceta defensiva con mellor actitude, certificando así unha vitoria que non foi para nada sinxela e que os coloca virtualmente en semifinais! 

Cadete Feminino - Grupo Especial A

Asturias. Castilla y León, Cataluña, País Vasco e Galicia.

Resultados e Clasificación

(19:30 h) Galicia - Castilla y León

 

Cadete Masculino - Grupo Especial A

Andalucía, Aragón, Illas Baleares, Madrid e Galicia. 

Resultados e Clasificación

(13.30 h) Galicia - Baleares (56 - 62)

Partido de dúas caras para o equipo de Óscar Díaz. A Galicia da primeira metade de partido saltou á pista moi centrada no xogo.

Dominando o rebote tanto ofensivo como defensivo, os galegos deron valor ao seu traballo en equipo, cuestión que se reflectía no marcador.

A outra cara da moeda chegou tras o tempo de descanso.

Nesta Segunda parte Galicia ofreceu un partido diametralmente oposto.

Os nosos perderon intensidade defensiva e destacaron máis polas individualidades que polo baloncesto de equipo que os fixo liderar o inicio do encontro.

Baleares soubo ler ao detalle este escenario e impúsoxe tanto mentalmente como no aspecto físico, dándoe así a volta ao encontro.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence