Deporte Galego

KDTINF2022 - 09/01/22: Resultados galegos

  • 08 Abril 2022 |

 #KDTINF2022 - 09/04/22: Resultados galegos

 CANLE FEB: Encontros en directo

Calendario Cadete

Calendario Infantil

Galería de Imaxes - Flickr

Infantil Feminino - Grupo Especial B

Aragón, Madrid, Cantabria, Cataluña e Galicia. 

(17:30 h) Galicia - Aragón

Resultados e Clasificación

Infantil Masculino - Grupo Especial B

Aragón, Asturias, Cataluña, Madrid e Galicia. 

Resultados e Clasificación 

(11:30 h) Galicia - Catalunya (80 - 75)

Partido moi competido que se decidiu na prórroga. Un xogo de alta intensidade por parte de ambos equipos, con presión a todo campo e botando man de posesións curtas. Neste escenario, Galicia exerceu o control do encontro durante os tres primeiros cuartos, sempre por riba no marcador e facendo gala duna actividade defensiva e un xogo en contraataque merecedores de ese dominio.

Foi no derradeiro cuarto de partido no que se establece unha maio igualdade, promovida polo acertado movemento de balón catalán e polas primeiras mostras de cansado en Galicia ante o esforzo realizado na primeira parte do encontro. O equipo de Javier Llorente pecou neste derradeiro parcial de maior precipitación e erros non forzados que situaron a Cataluña nas portas da prórroga.

Neste tempo extra, Galicia volveu a amosar a súa mellor cara e, recuperando concentración e intensidade defensiva, fixo súa unha vitoria de gran valor nun Campionato tan esixente como este.

(19:30 h) Madrid - Galicia (73 - 22)

Contundente derrota dos nosos infantís ante un rival moito máis físico. O encontro comezou con Madrid moi intenso e rompendo en 1x1, o que propiciaba vantaxes convertidas na pintura ou dende a tripla.

Os galegos intentaron remar e subiron o seu nivel defensivo, máis a renta e a dinámica era totalmente favorable para os locais. Co partido xa decidido, ambas seleccións seguiron traballando para mellorar o seu nivel competitivo de cara á seguinte xornada.

Cadete Feminino - Grupo Especial A

Asturias. Castilla y León, Cataluña, País Vasco e Galicia.

Resultados e Clasificación

(11:30 h) Galicia - Euskadi (36 - 45)

Debut con nervios para a Selección cadete feminina. A impresión da estrena unha cita nacional parece prexudicar ás galegas que, se ben se iniciaron con rapidez en ataque nos primeiros compases non traducían esta en acerto fronte ao aro. Euskadi foi gañando minutos e terreo no marcador, combatendo con fortuna o traballo defensivo galego, grupal e intenso. As de Nacary resistiron no encontro, pero a súa baixa anotación foi clave para o resultado negativo final.

(19:30 h) Asturias - Galicia (62 - 37)

A falla de solidez en Defensa marcou a segunda derrota da Selección Cadete Feminina nesta primeira xornada. Galicia amosouse sen ideas claras en ataque, situación que rendabilizou á perfección Asturias. As galegas, por momentos con pouca concentración e dubitativas, non foros que de manter as distancias no marcador, deixando a Asturias afinar a súa vitoria con máis facilidade da agardada.
Toca descansar, repoñer formas e pensar xa no partido do domingo, ante Castilla y León.

 Cadete Masculino - Grupo Especial A

Andalucía, Aragón, Illas Baleares, Madrid e Galicia. 

Resultados e Clasificación

(09.30 h) Galicia - Andalucía (73 - 81)

Galicia comezou con dúbidas e acelerada. Os nervios do debut eran patentes. Esta dinámica de imprecisións marcou a primeira parte do encontro, deixando aos galegos marchar ao descanso por debaixo no electrónico. Na segunda fase do partido, unha Galicia máis concentrada buscou recuperar o escenario do xogo ao seu favor, pero o acerto andaluz fíxoo tarefa ardua e imposible de materializar.  

(17: 30) Madrid - Galicia (110 - 54)

Madrid resultou un rival cun excelente nivel físico que se lle escapou a Galicia xa dendeo o primeiro cuarto. A distancia no marcador foi crecendo de xeito continuo ata a ampla marxe definitiva, non sen permitir ver intres de xogo positivo nunha Galicia que aspira a mellorar o seu ritmo na xornada do domingo. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence