Deporte Galego

O Planeta Mini e o KDTINF 2022, en directo por CanalFEB.tv

  • 07 Abril 2022 |

Case 300 partidos en directo por CanalFEB. tv para gozar a emoción do Planeta Mini e do KDTINF 2022. Do 9 ao 13 de abril as provincias de Cádiz e Huelva acollen os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas (CESA) con, por suposto, a presenza de Galicia.

Enlace Canle FEB

Por primeira vez na historia, ambos os torneos celebraranse á vez e toda a acción pasará por CanalFEB.tv, que emitirá en directo todos os partidos que se disputen. Así, poderemos seguir en vivo, por esta vía, todos os encontros que as seis seleccións Galegas disputen durante estos cinco días. 

Desde as 9:30 h da mañá do sábado 9 de abril e ata o día das grandes finais, o mércores 13 de abril ás 15:00 h, CanalFEB.tv non deixará de funcionar co obxectivo de trasladar ás familias e aos afeccionados toda a acción do Planeta Mini e do Campionatos de España Infantil e Cadete. 

Unha das novas funcionalidades da última versión daCanle FEB é que o streaming vén acompañado da estatística en vivo de cada encontro. Así mesmo, cada campionato e cada equipo terá o seu propio espazo, de forma que o espectador pode consultar facilmente aqueles partidos que máis lle interesan e mesmo, engadilos na opción de ‘favoritos’. A plataforma é totalmente gratuíta, con todo, é necesario rexistrarse para poder acceder. Con isto, todas as preferencias del usuario quedan gardadas para que ao afeccionado non se lle escape nada de estes cinco intensos días cargados de baloncesto.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence