Regresa o Planeta Mini e con el o Baloncesto en estado máis puro. O Campionato de España de Seleccións Minibasket comeza este sábado, 9 de abril; en San Fernadno (Cadiz) con Galicia preparada para vivilo, como sempre, intensamente.
Os nosos dous combinados autonómicos Minis competirán na localidade andaluza encadrados ambos no Grupo Especial e disfrutando dunha experiencia inesquecible que os levará a enfrontarse na Fase Previa ante as seguintes seleccións:
CANLE FEB: Encontros en directo
Minibasket Feminino - Grupo Especial B
Aragón, Madrid, Cataluña, Illas Baleares e Galicia.
Resultados e Clasificación
Minibasket Masculino - Grupo Especial A
Andalucía, Illas Baleares. Madrid, Comunidad Valenciana e Galicia.
Resultados e Clasificación
A composición oficial dos xogadores e xogadoras que nos representarán en San Fernando e vivirán a aventura do Planeta Mini 2022 poden consultarse no documento oficial.