Deporte Galego

Tempo de estrea para as PreSeleccións Galegas Minibasket

  • 02 Decembro 2021 |

Novo ciclo para as Seleccións Galegas en categoría Minibasket. Como cada temporada, o remate de cada ano trae consigo os primeiros pasos de traballo na dinámica das seleccións autonómicas nesta categoría.

Desta volta, e con sede na localidade de A Estrada, a estrea das novas preseleccións minis terá lugar os días 4 e 5 de decembro. Con convocatorias diferenciadas segundo a data, un total de 32 xogadores e 32 xogadoras de toda Galicia serán protagonistas dun ilusionante inicio da súa programación deportiva como combinados autonómicos.

Equipo de Traballo
Esta nova etapa das seleccións galegas Minibasket chega con cambios nos banquiños respecto á pasada temporada. Así, no apartado masculino, o novo seleccionador será Rubén Vigo, técnico de Porriño Baloncesto Base. Rubén, que xa integrou o equipo de traballo das seleccións o pasado ano como axudante de Miguel Ángel Ortega, encara agora a responsabilidade deportiva total. Esta labor a realizará da man de Iago Mariñas (Basquet Coruña) como segundo adestrador; e de Alejandro Iglesias (EB Xiria) na faceta de delegado.

Pola súa banda, o cadro técnico feminino seguirá liderado unha temporada máis, a súa segunda ao fronte da selección; pola adestradora de Estudiantes Pontevedra, Rosa Crespo. Xunto a a ela completan o grupo de traballo: Andrea Pardo (ED Bosco) como axudante e Marta Giménez (CD Bosco) como Delegada.

Tanto eles como elas teñen xa en mente un total de catro meses de preparación, os cales están distribuídos nunha programación que xa se pode consultar.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence