Deporte Galego

Preseleccións Galegas: estrea para o Minibasket

  • 31 Octubre 2019 |
Rosa Crespo, nova referencia para a Selección Mini Feminina
Rosa Crespo, nova referencia para a Selección Mini Feminina

Posta de longo para as preseleccións Minibasket 2019 - 2020. A traxectoria de preparación dos nosos combinados nesta categoría comeza este mes de novembro e faino con novidades. Se en categoría masculina mantense o grupo técnico de traballo da pasada temporada, guiado por Valentín Pérez; no apartado feminino a preselección afrontará este ciclo competitivo con nova dirección, a da adestradora do Estudiantes Pontevedra, Rosa Crespo.

Ambos técnicos liderarán un equipo de traballo que se completa cos seus axudantes e delegados e que ten a primeira cita da súa programación esta mesma fin de semana en A Estrada.

Galicia Minibasket Feminina
Seleccionadora: Rosa Crespo Turrado (CB Estudiantes Pontevedra)
Axudante: Samuel Conde Conde (CB Allariz)
Delegada: Andrea Pardo Vila (Escola Deportiva Ourense)

Galicia Minibasket Masculina

IMG 1422jpg
Seleccionador: José Valentin Perez Vila (AD Bosco)
Axudante: Adrian Alvarez Gonzalez (Basquet Coruña)
Delegado: Ignacio Mota Otero ( ADC Burela)

Estrea
A Toma de contacto inicial coas pistas terá lugar esta ponte festiva. No Pavillón Manuel Coto Ferreiro as dúas preseleccións exercitaranse en dous grupos diferenciados en cada caso e en datas diferentes. Nas listas que achegamos poden consultarse os días de traballo de cada categorías, así como os xogadores e xogadoras que formarán parte desta concentración.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence