Deporte Galego

Equipos definitivos e Calendario de Xogo para o Campionato de España Minibasket

  • 13 Marzo 2019 |

Composición Definitiva das Seleccións Galegas Minibasket e rivais xa listos para o Campionato de España. Os 12 xogadores e as 12 xogadoras que representarán á nosa Comunidade en San Fernando (Cádiz) xa están confirmados e coñecen tamén a identidade das selección rivaiss que forman parte do seus grupos de xogo na Fase Previa.

Así, nesta cita nacional, que dará comezo o 13 de abril e se estenderá ata o 17; o futuro deportivo de Galicia pasa por competir en Minibasket Masculino con Melilla, Extremadura, Ceuta e Castilla La Mancha (Grupo Preferente C); e en feminino con Andalucía, Asturias, Madrid e País Vasco (Grupo Especial B). No documento que achegamos remitimos o calendario oficial completo, detallando horarios e xornadas de xogo, así como as cruces clasificatorias da posterior Fase Final.

Progamación Previa
Pero, antes de chegar a terras andaluzas; ambas as Seleccións teñen xa marcada a súa derradeira senda a transitar. Tres convocatorias concretas completarán este camiño, no que radiografar os últimos detalles deportivos a axustar en cada caso. Con este obxectivo a súa axenda presenta estas citas:

Adestramentos: 24/03/19. Sede: A Estrada.

Torneo Amigable: 29 a 31/03/19. Sede: Miranda de Ebro.

Adestramentos: 06/04/19. Sede: A Estrada.

Campionato de España: 13 a 17/04/19. Sede: San Fernando (Cádiz).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence