Galicia despide este #KDTIN2019 cun Bronce no seu palmarés, o conseguido pola Selección Infantil Feminina. O equipo que dirixe Nacary Rojas desputou este metal ante Andalucía, selección á cal xa derrotra na fase previa. O soño deste metal ven a suceder a última medalla conseguida por Galicia nun Campionato de España de Seleccións: tamén un bronce, neste caso en cadete feminino no ano 2014.
Pola súa banda, a Selección Cadete Feminina proclamouse Campioa do grupo Prefente nun último partido con Canarias como rival. As galegas suman este título ao seu ascenso a Grupo Especial. Dobre premio para un memo campionato.
#KDTINF2019 – 07/01/19
CADETE FEMININO – Final Preferente
(09.00 h) Canarias - Galicia (48 - 66) (estatística)
INFANTIL FEMININO - 3º ou 4º posto Especial
(11.00 h) Andalucía – Galicia (45 - 75)(estatística)
Galicia #KDTINF2019 - Clasificación Final
Selección Galega Infantil Feminina: 3º Clasificada Grupo Especial
Selección Galega Cadete Feminina: Campioa Grupo Preferente
Selección Galega Cadete Masculina: 7º clasificada Grupo Especial
Selección Galega Infantil Masculina: 8º clasificada Grupo Especial