Fin de semana de probas para as Preseleccións Galegas masculinas cadete e infantil. De xeito paralelo ás súas homónimas femininas, pero neste caso con rumbo ao País Vasco, os combinados que dirixen Tito Díaz e Javier Peinó parten este venres para dar conta dos Torneos Amigables de Lasarte (Cadete) e Deba (Infantil).
Nestas dúas localidades Vascas terán lugar sendos torneos durante o sábado e domingo, 8 e 9 de decembro; diferenciando o xogo por categoría e protagonistas. Así, en idade cadete compartirán cita con Galicia as seleccións de Navarra, Asturias e a anfitrioa, País Vasco. Pola súa banda, en categoría infantil, repetirán presenza Galicia, Asturias e País Vasco, e sumarase Castilla León ao cartel do torneo.
Remitimos calendario de cada unha destas citas, que serán unha previa perfecta para medir forzas de cara ao Campionato de España marcado para o mes de xaneiro.
Torneo Lasarte (Cadete Masculino)(Segue as estatísticas dos partidos en directo AQUÍ)
Xornada 1 - 08/12/2018
(10:00 h) País Vasco - Asturias (56 - 69)
(11:45 h) Navarra - Galicia (32 - 94)
(16:15 h) Galicia - País Vasco (66 - 62)
(18:00 h) Asturias - Navarra (72 - 53)
Xornada 2 - 09/12/2018
(10:00 h) Asturias - Galicia (73 - 76)
(12:00 h) País vasco - Navarra (68 - 41)
Torneo Deba (Infantil Masculino) (Polideportivo DEBA) )(Segue as estatísticas dos partidos en directo AQUÍ)
Xornada 1 - 08/12/2018
(10:00 h) Castilla León - Galicia (98 - 69)
(11:45 h) País Vasco - Asturias (49 - 62)
(16:15 h) Asturias - Castilla León (45 - 82)
(18:00 h) Galicia - País Vasco (94 - 45)
Xornada 2 - 09/12/2018
(10:00 h) Asturias - Galicia (57 - 66)
(12:00 h) País Vasco - Castilla León (43 - 111)