Deporte Galego

Planeta Mini 2018 - 26/03/18: resultados galegos

  • 25 Marzo 2018 |

Consulta, a continuación, os resultados das Seleccións Galegas Minibasket neste luns, 26 de marzo; terceiro día de competición, e derradeiro da Fase Previa, no Campionato de España que estamos a vivir desde San Fernando (Cádiz).

Galicia #PlanetaMini2018 - Resultados 26/03/18

WEB OFICIAL #PlanetaMini2018

Resultados e Clasificación Xeral - Masculina

Resultados e Clasificación Xeral - Feminina

Galerías web - FEB

MINIBASKET FEMININA- FASE PREVIA GRUPO ESPECIAL B

Galicia, Madrid, Castela León, Cantabria e Andalucía.

26/03/18 - Xornada 4

(09.30 h) Galicia - Cantabria (Colexio Compañía de María) (86 - 39)

Vitoria e satisfacción plena para Galicia. As xogadoras que dirixe Rubén Vázquez competiron ao seu máis alto nivel para rubricar un resultados moi positivo, tanto deportivamente como a nivel de sensacións de equipo.

Galicia dominou o marcados desde o inicio, defendendo notablemente e amosando o punto preciso de “agresividade” para obter as primeiras vantaxes, que xa as deixaban catro arriba no primeiro cuarto.

Nos segundos oito minutos de xogo as galegas acadaron un total de 19 puntos que abriron a marxe perfecta para seguir crecendo ata o final de encontro e dar paso a un terceiro “sexto” que ofreceu de novo a unha Galicia fluída e ofensivamente mellor que nunca.

Ao regreso á pista tras o descanso, o noso combinado rompeu definitivamente o encontro gracias a oportunos roubos de balón e unha perfecta administración das súas forzas, correndo cando era preciso e sabendo parar o xogo para abrir a defensa. A partir deste intre a súa renda no electrónico non fixo máis que, aos poucos, consolidarse ata o tenteo final.

26/03/18 - Xornada 4

(17.30 h) Andalucía - Galicia (Pavillón Bahía Sur) (88 - 44)

Partido sen opcións para Galicia. A potencia e superioridade andaluzas fixeron que as de Rubén Vázauez non puideran entrar no encontro case en ningún momento. Sen posibilidade de competir, e ante un partido cun alto nivel de contacto, anotar foi tarefa moi complicada para as galegas, que tras esta derrota pensan xa no encontro polo 5º posto ante Baleares (13.30, martes 27).

MINIBASKET MASCULINA- FASE PREVIA GRUPO ESPECIAL B

26/03/18 - Xornada 5

(15.30 h) Andalucía - Galicia (Pavillón Bahía Sur) (77 - 27)

Partido sen demasiada historia. Galicia repetiu os erros do seu primeiro día de competición, situación claramente negativa ante un rival visiblemente superior fisicamente.

O equipo de Javier Cotelo non foi quen de amosar resistencia en ningún momento clave do partido e entregou a vitoria do mesmo a unha Andalucía máis segura de si mesma efectiva.

Galicia pecha con esta derrota a súa Fase de Grupos e disputará agora o seu último encontro do Campionato, e será para buscar permanencia no Grupo Especial. A cita será este martes, 27 de marzo, a partir das 09.30 h ante Baleares.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence