Consulta, a continuación, os resultados das Seleccións Galegas Minibasket 2018 neste sábado, 24 de marzo; primeiro día de competición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, cita que se está a celebrar intensamente na localidade andaluza de San Fernando.
Galicia #PlanetaMini2018 - Resultados 24/03/18
Minibasket Feminina- Fase Previa Grupo Especial B
Galicia, Madrid, Castela León, Cantabria e Andalucía.
24/03/18 - Xornada 1
(11.30 h) Galicia - Madrid (Colexio Compañía de María) (36 - 76)
Inicio de Campionato esixente ante Madrid. Galicia debutou neste campionato destacando polo seu carácter competitivo e pola súas gañas de manterse alerta en pista desde o primeiros segundos.
Un primeiro cuarto igualado, deu paso a un segundo cuarto máis feble para os seus intereses, con despistes non esperados que favorecían a unha potente selección madrileña que non deixaría escapar o tenteo facilmente. De todos os xeitos, Galicia facía seu o terceiro cuarto, e marchaba ao descanso cun xogo áxil e eficaz en defensa.
As posibilidades estaban aberta ao regreso á pista, pero Madrid non tardaría en abrir unha fenda cada vez máis longa e, tras dominar o xogo, no quinto cuarto, deixa o sexto para asinar sen problemas o seu trunfo.
Galicia non podía sumar a súa primeira vitoria pero deixaba moi boas sensacións a nivel competitivo e na súa capacidade de reacción.
24/03/18 - Xornada 2
(19.30 h) Castilla León - Galicia (Cia. María) (46 - 58)
Inicio de encontro similar ao vivido ante Madrid pero cunha Galicia máis contundente, anotadora e capaz de roubar balóns importantes. Un parcial de 2 – 9 nos primeiros cinco minutos deste tempo ofrecía unha renda que favorecería aos intereses galegos, e equilibraría no marcador o pequeno baixón vivido no segundo e terceiro cuarto, nos que as galegas dubidaron máis tanto en ataque, con tiros precipitados, como en defensa.
Tras marchar ao descanso con empate a 25, Galicia regresou moi metida no encontro. Mentalizada das súas posibilidades, rendabilizou o cuarto e o quinto tempo ao seu favor.
Xa nos derradeiros minutos, e ante un rival que se recuperaba tanto no marcados como na pista, o equipo de Rubén Vázquez, despregando un alto nivel competitivo do que amosarse satisfeitos, remaba a favor e, anotando e roubando balóns sen apuros, superaba a Castilla León e asinaba a primeira vitoria do Campionato.
Minibasket Masculino - Fase Previa Grupo Especial B
Galicia, Madrid, Castela León, Andalucía e Murcia.
24/03/18 - Xornada 1
(09.30 h) Galicia - Madrid (Colexio Compañía de María) (23 - 74)
Mal debut galego nun partido que xa se presumía complicado pola diferenza física entre ambos os equipos. Moitos nervios nos dous primeiros cuartos, con demasiadas perdas de balón, permitiron a Madrid correr e anotar fácil. Só no terceiro período, os de Javier cotelo puideron facer fronte e empatar o cuarto, a pesares de amosarse moi febles en defensa. Unha vez pechada a acta, o partido baixou o ritmo pero a Selección seguiu atopar a súa esencia.
24/03/18 - Xornada 2
(17.30 h) Castilla León - Galicia (Compañía de María) (64 - 32)
Segundo partido do día para unha Galicia que non chegou a competir en ningún momento. Predominaron as súas I¡incontables perdas de balón, castigadas unha e outra vez polo rival. Así mesmo, na faceta ofensiva non saíron as cousas e os galegos non foron capaces de anotar coa necesaria regularidade.