Galicia acaba de coñecer cales serán os seus rivais no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket, cita a celebrar entre o 24 e 28 de marzo na súa sede tradicional: San Fernando (Cádiz).
Os combinados galegos competirán ambos encadrados en categoría Especial xunto aos seguintes rivais na fase previa:
Especial Masculino Grupo B
Galicia, Madrid, Castela León, Andalucía e Murcia.
Especial Feminino Grupo B
Galicia, Madrid, Castela León, Cantabria e Andalucía.
Preparando o obxectivo
E mentres este campionato nacional non chega, toca seguir trazando o camiño cara el, completando o cadro de concentracións marcado no inicio de temporada e que este mesmo domingo, 25 de febreiro; levará ás preseleccións a repetir visita a súa sede habitual de adestramentos en A Estrada para afrontar xornada de traballo.