Deporte Galego

Seleccións Galegas: O minibasket, foco de antención por partida dobre

  • 02 Febreiro 2018 |

As preseleccións galegas mini serán protagonistas as dúas próximas fines de semana, entrando de cheo na que será a recta decisiva da súa preparación de cara ao obxectivo da presente temporada 2017 – 2018: o Campionato de España.

Os dous combinados autonómicos comezarán este domingo, 4 de febreiro; regresando á localidade de A Estrada para, no xa máis que coñecido para eles Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro; exercitarse en dobre sesión de traballo, ás ordes de Rubén Vázquez (CB Maristas) en categoría feminina; e Javier Cotelo (CB Artai) en masculina.

V Torneo “Concello de Marín”

Esta concentración dominical en A Estrada servirá de preparación, á sua vez, para o V Torneo “Concello de Marín", competición amigable que a Federación Galega organizará da man do Concello desta localidade os vindeiros 10 e 11 de febreiro e da que tamén Galicia será protagonista.

As nosas preselección minis, compartindo experiencia con Euskadi, Asturias e Castilla León, visitarán un ano máis Marín e vivirán un torneo perfecto para medir as súas forzas a dous meses vista do citado Campionato de España.

O próximo martes, seis de febreiro, Concello e FGB presentarán esta cita e achegarán todos os detalles da mesma.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence