A Área Deportiva da FGB oficializa os novos cadros técnicos completos que liderarán as Seleccións Galegas na inminente temporada 2017 - 2018.
Mesturando a continuidade da boa liña marcada na temporada pasada cunha aposta pola constante renovación, os combinados autonómicos galegos comezarán a traballar dende o vindeiro mes de setembro baixo a seguinte estrutura:
Selección Galega Cadete Masculina 2017 - 2018
Seleccionador: Diego Fernández (Santo Domingo Betanzos).
Adestrador axudante: Héctor Méndez (Basquet Coruña).
Delegado: Marcos Pereira.
Selección Galega Cadete Feminina 2017 - 2018
Seleccionador: Nacho Silva (R.C. Celta).
Adestrador axudante: Miguel Ángel Castro (Universitario Ferrol).
Delegada: Paula Ahuja (Compañía de María Vigo).
Selección Galega Infantil Masculina 2017 – 2018
Seleccionador: Javier Peinó (Estudiantes Lugo).
Adestrador axudante: Fernando Martínez (C.B. Culleredo).
Delegado: David Arias (Obradoiro).
Selección Galega Infantil Feminina 2016 – 2017
Seleccionador: Fernán Varela (Estudiantes Lugo).
Adestrador axudante: Nacary Rojas (Bosco Salesianos).
Delegada: Yaizza Dauzón (Porriño Baloncesto).
Selección Galega Minibasket Masculina 2017 - 2018
Seleccionador: Javier Cotelo (C.B. Artai).
Adestrador axudante: Daniel Fuentes.
Delegado: Nacho Mota (C.D. San Ciprián).
Selección Galega Minibasket Feminina 2017 - 2018
Seleccionador: Rubén Vázquez.
Adestrador axudante: Pedro Fernández (R.C. Celta).
Delegada: Paula García (Universitario Ferrol).