Consulta, a continuación, os resultados do IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín", competición amigable que se celebra na vila de Marín baixo a organización de Concello de Marín e Marín Peixegalego.
IV TORNEO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS MINIBASKET "CONCELLO DE MARÍN"
Minibasket Masculina (Pavillón Sequelo)
25/02/17
10:00 h Castilla León - Asturias (73 - 22)
12:00 h Galicia - Euskadi (Fegaba Tv) (83 - 58)
Boa posta en escena da selección alevín masculina no seu primeiro partido ante Euskadi. A selección mantería durante todo o partido unha alta intensidade defensiva, acompañada dun bo ritmo ofensivo con acertado movemento de balón, o que iría propiciando que a distancia no marcador fose crecendo a medida que o encontro avanzaba.
17:00 h Galicia - Castilla León (Fegaba Tv) (71 - 77)
Intenso partido o vivido o sábado pola tarde entre ambas as selección. Ningún equipo conseguiría distanciarse no marcador durante os primeros períodos. Nos intres finais, a vitoria decantaríase para os visitantes gracias ao acerto exterior no tiro, convertindo dúas triplas vitais nos derradeiros minutos de xogo.
19:00 h Euskadi - Asturias (74 - 66)
26/02/17
10:00 h Euskadi - Castilla León (53 - 79)
12:00 h Asturias - Galicia (Fegaba Tv) (37 - 84)
O duelo galego - astur empezaría con menos ritmo que os dous anteriores desputados polo equipo de Javier Cortelo, ainda que, pouco a pouco, Galicia iría aumentando o ritmo e a intensidade defensiva en todo o campo, e con isto a diferencia no marcador.
Minibasket Feminina (Pavillón San Narciso)
25/02/17
10:00 h Castilla León - Asturias (68 - 38)
12:00 h Galicia - Euskadi (Fegaba Tv) (57 - 6)
Bo inicio de partido para a selección galega no primeiro encontro contra Euskadi. As galegas empezaron cunha gran intensidade defensiva desde o primeiro minuto, á que se lle sumou un bo movemento de balón e facilidade para anotar. Isto provocou unha gran diferenza no marcador, marxe que souberon xestionar ao longo de todo o encontro.
17:00 h Euskadi- Asturias (63 - 57)
19:00 h Galicia - Castilla León (Fegaba Tv) (70 - 60)
Durante todo o encontro o rival soubo aproveitar ben o seu físico, superior ao galego. A Igualdade reinou no electrónico ata os últimos oito minutos, tempo no que o equipo de Fernán Varela conseguiu abrir diferenza poñendo maior intensidade na defensa.
26/02/17
10:00 h Euskadi - Castilla León (57 - 68)
12:00 h Asturias - Galicia (Fegaba Tv) (54 - 57)
Encontro moi igualado onde as galegas non saíron coa intensidade amosada nas anteriores citas deste Torneo. Tras o descanso Asturias regresaba máis intensa, conseguindo darlle a volta ao marcador e impoñéndose ás galegas, que seguían sen atoparse cómodas. Non obstante, Galicia deu un paso de madurez, confiando no seu equipo e en que o podían acadar xuntas.
O partido non se resolveu ata os últimos compases, onde as galegas conseguiron atacar con fluidez e, con boas defensas, sacar da súa zona de confort ás asturianas.