Deporte Galego

Listas definitivas para as Seleccións Galegas Cadete e Infantil 2016 - 2017

  • 19 Decembro 2016 |

Confirmadas as Seleccións Galegas definitivas que representarán a Galicia no Campionato de España Infantil e Cadete, cita a celebrar en Huelva entre os vindeiros días dous e sete de xaneiro de 2017.

O Baloncesto Galego competirá nesta cita nacional da man de catro equipos liderados por Nacho Silva (Infantil Masculino - Grupo Especial), Ricalrdo Aldrey (Infantil Masculino – Grupo Especial), Víctor Fernández (Cadete feminino – Grupo Especial) e Miguel Maseda (Cadete Masculino – Grupo Preferente) e cuxa composición definitiva pode consultarse nas listas que se achegan. 

Os catro técnicos configuraron os seus respectivos equipos oficiais para viaxar á provincia onubense e afrontar o Campionato de España baixo un calendario que se coñecerá en vindeiras datas. Pero, ata a chegada do Nacional, os combinados autonómicos rendabilizarán a recta final da súa preparación baixo o seguinte plan de concentracións:

Selección Galega Cadete Feminina 2016 - 2017

22 - 23/12/16: Oleiros (Pavillón INEF)
Partidos amigables a desputar:
Galicia Cadete Femenina – Maristas Coruña 1º Nacional Feminina (23/12/16 - 18.00 h. Pavillón Colexio Maristas)

27 - 28/12/16: Boiro (Pavillón A Cachada)

Selección Galega Cadete Masculina 2016 - 2017

22 - 23/12/16: Lugo (Pavillón Anexo 2)
Partidos amigables a desputar:
Galicia Cadete - Baloncesto Cidade de Lugo Júnior (23/12/16 - 16.30 h. Pavillón Anexo 2)

27 - 28/12/16: A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro)

Selección Galega Infanil Feminina 2016 - 2017

22 - 23/12/16: Oleiros (Pavillón INEF)
Partidos amigables a desputar:
Galicia infantil – Maristas Cadete (23/12/16 - 16.00 h. Pavillón Colexio Maristas)

27 - 28/12/16: Boiro (Pavillón A Cachada)

Selección Galega Infanil Masculina 2016 - 2017

22 - 23/12/16: concentración en Lugo (Pavillón Anexo 2)
Partidos amigables a desputar:
Galicia Infantil – Estudiantes de Lugo Cadete (23/12/16 - 18.30 h. Pavillón Anexo 2) 

27 - 28/12/16: A Estrada (Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence