Deporte Galego

Primeira cita competitiva para as Preseleccións Galegas

  • 25 Octubre 2016 |

Aumenta o ritmo de preparación deportiva para as preseleccións galegas. A presenza dos nosos combinados infantís no Torneo “Ciudad del Caballero”, na localidade vallisoletana de Olmedo inicia esta mesma fin de semana o seu camiño cara o Campionato de España de Seleccións 2017.

En compañía das Seleccións de Asturias e Castilla León, anfitrioa ésta última Comunidade, as preseleccións infantís tomarán parte desta cita amigable a celebrar este sábado e domingo, 29 e 30 de outubro; no denominado polideportivo municipal “Lope De Vega”.

Os xogadores e xogadoras que dirixen Ricardo Aldrey e Nacho Silva, respectivamente; afrontarán un calendario que lles permitirá medir forzas ante dous rivais que, sen dúbida, poden atopar de novo na cita nacional.

A referencia e composición de ambas as preseleccións galegas para este torneo amigable poden consultarse nas convocatorias que se achegan.

Torneo Infantil de Seleccións Autonómicas Olmedo “Ciudad del Caballero” - Calendario

Sábado - 29/10/16

(17:00 h) Asturias - Galicia (masculino)

(19:00 h) Asturias - Galicia (feminino)

Domingo - 30/10/16

(10:30 h) Galicia - Castilla y León (masculino)

(12:30 h) Galicia - Castilla y León (feminino)

(16:30 h) Castilla y León - Asturias (masculino)

(18:30 h) Castilla y León - Asturias (feminino)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence