Deporte Galego

Seleccións Galegas - #Mini2016: Galicia é "especial"

  • 21 Marzo 2016 |
Seleccións Galegas - #Mini2016: Galicia é "especial"
(Foto: FEB)

Obxectivo cumprido por partida dobre. A ledicia chegou este martes á expedición galega e fíxoo para quedarse. Dúas vitorias especiais nos dous encontros desta mañá deixan no peto un ascenso en feminino e unha traballada permanencia en Masculino. Parabéns GALICIA!

En feminino, a selección que lidera Diana Piñeiro rubricou este martes o seu Ascenso a Grupo Especial. Unha valorada vitoria ante Extremadura (76 - 47) materializou este premio nas filas galegas grazas a unhas xogadoras que sumaron como trunfos os seus cinco encontros desputados neste #Mini2016.

Esta recompensa para o noso combinado feminino buscará agora o seu broche de ouro na denominada "Final Preferente", cita que enfronta aos dous equipos ascensidos a especial que terá lugar mañá, mércores, ante Euskadi a partir das 11:00 h. 

Pola súa banda, Galicia masculina defendeu  esta mañá con forza ante Murcia (61 - 44) a súa actual praza en Especial. Esta complicada tarefa resolveuse non sen esforzo, pero cun resultado máis que meritorio que confirma o bo estado mental e deportivo do equipo que lidera Javier Cotelo, formación que con esta nova pechou a súa intervención nesta edición do #Mini2016.

Grazas ao gran papel de ambas as nosas Seleccións, e ao seu particular "soño" cumprido, podemos dicir xa que "GALICIA É ESPECIAL". 

Hagstag: #Mini2016 #seleccionsgalegas


 

Galicia #Mini2016 Masculino

Cruces Clasificatorias - 22/03/16
(09:30 h) 4ºB – 5ºA
Galicia - Murcia (Pavillón Parque 2) (61 - 44)

Galicia #Mini2016 Feminino

Semifinal Preferente- 22/03/16
(15:30 h) 1ºC – 2ºB
Galicia - Extremadura (Pavillón Parque 1) (76 - 47)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence