Deporte Galego

Diana Piñeiro, Seleccionadora Mini Feminina: “Estar en Cádiz sempre é un premio”

  • 18 Marzo 2016 |

Falamos con Diana Piñeiro do reto que supón dirixir a Galicia no #Mini2016. O seu equipo comeza a competición desde este sábado, 19 de marzo; no Grupo Preferente C ante Murcia, Cantabria, Ceuta e Melilla.

- Segundo ano consecutivo ante o reto de guiar á selección mini feminina nun Campionato de España. Que diferenzas notables hai entre a experiencia debut do 2015 e este novo reto?

Pois a mesma pregunta o di, a experiencia. E este ano afrontámolo aínda con máis ilusión se cabe e mellorando aspectos que criamos que sería bo de cara ao novo campionato. Estar en Cádiz sempre é un premio.

- Chega a Cádiz 100% preparado o teu equipo? Cales son as súas principais fortalezas?

Desde a primeira sesión metemos aspectos do xogo, as nenas responderon moi ben a todo e chegamos ben preparadas. Creo que o que máis as caracteriza é ese punto de EQUIPO que están demostrando nas sesións e que fai que tiren unhas doutras. Cada xogadora ten un rol distinto a outra e sábeno, e grazas a esa combinación conseguen sacarse moito máis partido como equipo e individualmente.

- Partido a partido veremos a Galicia xogar contra Murcia, Cantabria, Ceuta e Melilla. Valoración previa dos rivais?

Como ben dis, partido a partido. Cada rival, sobre todo nestas idades, é un rival difícil. Non me fío de ninguén, ata que non esteamos en pista e pasen os minutos e podamos ver como responde todo o mundo, tanto o rival como nós mesmas. Unha vez no campionato e os poida ver, podereivos dicir.

- "Competir" e buscar a opción do ascenso son os obxectivos que buscades para Cádiz. Algún "mantra" especial para concienciar ás xogadoras diso?

Non lles falei dese tipo de obxectivo, pero si en cada sesión traballamos ao 110%. Esixímoslles máxima concentración e ser duras. O obxectivo principal é competir e ir a por cada partido, e si ese camiño lévanos a ascender, perfecto. O equipo está motivado, elas e nós e imos con moitas ganas de deixarnos todo na pista.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence