Deporte Galego

Marín, sede para o Campionato de España de Clubs Júnior Masculino

  • 08 Novembro 2013 |
Marín, sede para o Campionato de España de Clubs Júnior Masculino
(Foto:FEB)

Con esta designación a FGB, con tres Campionatos de España a celebrar no seu territorio nesta 2013 – 2014, consolídase como a Federación Autonómica líder na organización deste tipo de eventos, que teñen ao Baloncesto Base como auténtico protagonista

A Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto, tras a análise e revisión dos informes pertinentes, comunicou esta mesma tarde de venres, oito de novembro, a designación do Concello de Marín, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, como organizador do Campionato de España Júnior Masculino.

32 equipos, case 400 xogadores e un movemento de más de 3.000 personas visitarán Marín entre o 11 e o 17 de maio, datas establecidas para o citado Campionato. Cifras que suporán un importante impacto deportivo e económico para un experimentado Concello, responsable xa en 2013 da organización deste mesmo campionato, e en 2012 desta cita nacional na súa categoría Cadete.

A localidade pontevedresa volve a ser pois, por terceiro ano consecutivo, escenario dun Campionato de España de categoría base, circunstancia que denota a confianza da Federación Española de Baloncesto en Galicia e na súa Federación Autonómica.

A nosa Comunidade será, de feito, protagonista en 2014 de tres dun total de seis Campionatos de España en Categorías Base: o indicado júnior masculino, e os dous Campionatos xa anunciados para a categoría infantil masculina e feminina, a disputar, entre o 15 e o 21 de xuño, en Cambados e Pontevedra, respectivamente.

Pola súa banda, os restantes Campionatos de España celebraranse baixo as seguintes designacións: 

Campionato de España Junior Femenino: do 11 ao 17 de maio. Guadalajara (FBCM)

Campionato de España Cadete Masculino: do 25 ao 31 de maio. Federación Aragonesa de Baloncesto

Campionato de España Cadete Femenino: do 25 ao 31 de maio. Tenerife (FCB)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence