Deporte Galego

Formación: Jaime Cabo, cos mellores bases e escoltas no "VI Campus Calderón 2012"

  • 22 Xuño 2012 |

O Gabinete Técnico da FEB inclúe ao xogador galego cadete de Compañía de María de Santiago, Jaime Cabo, dentro da convocatoria do "VI Campus Elite para Bases e Escoltas José Manuel Calderón 2012", consolidada actividade da FEB, enmarcada dentro do Programa de Mellora e Detección de Talentos e na que participan dez dos bases e escoltas da xeración do 96 con máis proxección.

O galego, que na última edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Cadetes foi parte activa do noso combinado cadete masculino, viaxará a Cáceres para traballar entre o 24 e o 30 de xuño dentro deste Campus, no que compartir con Calderón os segredos das tarefas dun xogador nesta posición.

Jaime e os seus nove compañeiros de convocatoria exercitaranse con adestramentos individualizados para mellorar tanto a técnica como a táctica individual, ademais de formarse en temas biolóxicos e nutricionais. Deste xeito, dende o Gabinete Técnico da FEB búscase a orientación integral dos mellores talentos nas distintas áreas de traballo técnico, físico e médico axeitado ás calidades físicas e técnicas de cada xogador.

No documento que se achega pode consultarse a convocatoria completa para este "VI Campus Calderón".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence