Deporte Galego

3X3 FGB U15 - U13: Ourense agarda para coñecer aos Campións Galegos

  • 26 Maio 2023 |

Chegou o momento para o 3x3 u15 e u13. A Fase Final do Campionato Galego de ambas as categorías chega a Ourense este domingo, 28 de maio; baixo a organización de Carmelitas Vedruna. 

Tras a celebración das correspondentes previas de cada categoría, os catro equipos clasificados en cada caso competirán por un Campionato Galego que suporá para os equipos campións, sempre que a normativa oficial o permita; representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (Blanes, 24 e 25 de xuño)

Unha liga a unha volta, e o posterior paso á rolda de semifinais conformarán o formato de xogo para cada categoría. A competición en horario de tarde contará coa retransmisión en directo vía FEGABA TV. Unha nova ocasión para seguir facendo crecer o 3x3 en Galicia.

 

 

Calendario Completo

Fase Final - U15 Masculina
Campus Álex Llorca
PBB U15 Rojo.
NEXO 8 ETT Novobasket
Aerolíneas Culleredo

Fase Final - U15 Feminina
Seis do Nadal - Coia
Las Cuatrillizas
P.A.S.E.
La Bachata

Fase Final - U13 Masculina
Rianxeira
Seis do Nadal
Peixes do Miño
Vodka Juniors

Fase Final  - U13 Feminina
Jake Mate
As Castrexas
Seis do Nadal
CBBA 2010

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis