Deporte Galego

Día de visita institucional para a Selección en Vigo

  • 24 Maio 2023 |

A Selección Española ha recibido na previa do adestramento deste martes a visita do alcalde de Vigo, Abel Caballero; da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e do Presidente FGB, Julio Bernárdez. 

A Selección Española continúa a súa preparación para o Eurobasket en Vigo, onde este xoves debutará no parqué do As Travesas ante Italia no que será o seu primeiro test previo á cita internacional. Este martes, o equipo recibiu o apoio das institucións galegas coas visitas do alcalde da cidade, Abel Caballero, da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, entre outros.

Por parte FGB tamén compartiron tempo con xogadoras e técnicos os vicepresidentes, Ramón Lago e Susana García; e o Delegado en Vigo, Fernando Pérez.

Tras a sesión de traballo, o grupo tamén sentiu a calor da canteira de Vigo e é que máis dun centenar de xogadores acudiron a presenciar o adestramento e a animar ás compoñentes da Selección antes dos seus primeiros retos da preparación.

Este Mércores, o Complexo Deportivo As Travesas acollerá o primeiro partido do torneo que xogarán China e Italia e o xoves 25 será a quenda da Selección, que se probará ante un posible rival do Eurobasket como é Italia (19:00 horas, Teledeporte). O venres 26 o duelo entre España e China pechará o triangular (20:00 horas, Teledeporte).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis