Deporte Galego

A Asemblea elixe a Jorge Garbajosa como novo Presidente de FIBA Europa

  • 22 Maio 2023 |
A Federación Galega de Baloncesto, e especial e persoalmente o seu Presidente, Julio Bernárdez; desexan trasladar os seus máximos parabéns a Jorge. Na Federación Galega de Baloncesto estamos ledos por esta decisión e recoñecemento para Jorge Garbajosa, por quen a nova directiva FGB e o Baloncesto Galego, síntense apoiados e respaldados. 

O ata o de agora Presidente da Federación Española de Baloncesto, Jorge Garbajosa, impúxose na votación celebrada este sábado, 20 de maio: en Munich para ser proclamado así como novo Presidente de FIBA Europa para os próximos 4 anos. ÁREA DE COMUNIACIÓN FEB A Asemblea de FIBA Europa tivo lugar no día de hoxe na localidade alemá de Múnich e nela someteuse a votación o nome do novo Presidente de FIBA Europa. Un cargo elixido a través da confianza dos 50 presidentes das diferentes federacións quen designou cos seus votos a Jorge Garbajosa como sucesor de Turgay Demirel á fronte da Federación Internacional. Do mesmo xeito, a Asemblea designou tanto ao novo Tesoureiro como ao Board de FIBA Europa.

Garbajosa estivo acompañado na Asemblea por Gabriel Rodríguez da Paz, secretario xeral FEB e por Elisa Aguilar, directora de competicións da FEB quen foi a encargada de presentar a candidatura de Jorge Garbajosa ante a Asemblea. Tras a súa elección, Jorge quixo agradecer o apoio do baloncesto nacional nas súas primeiras declaracións como Presidente FIBA: “Quero expresarvos a miña alegría, satisfacción e agradecemento por todo o vivido hoxe. Quero dar as grazas a todas as Federacións europeas que me apoiaron para poder acceder a algo que soñaba desde hai tempo e a todos aqueles que compoñen a pirámide do baloncesto español. Se teño a honra de estar a vivir este día é porque o Baloncesto Español é de referencia en todo o mundo. Empezo unha etapa nova coa experiencia que tiven de traballar durante sete anos e deséxovos o mellor”.

Elisa Aguilar, elixida como integrante do Board de FIBA Europa

Dentro da elección dos novos cargos do que será o Board de FIBA Europa de fronte ao próximo ciclo, Elisa Aguilar foi elixida polos votantes como unha dos seus integrantes. Deste xeito, a actual directora de Competicións da FEB ocupará un dos postos dentro da executiva presidida por Garbajosa

(Máis información: www.feb.es)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis