O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, participou hoxe en Vilagarcía nun acto para solicitar que o pavillón de Fontecarmoa leve o nome de Sara Gómez Ferreirós, que puxo punto e final hai unhas semanas a unha longa e brillante carreira deportiva de 18 temporadas como profesional.
A escolta de AD Cortegada xogou 9 temporadas en Liga 1, ademáis de ser internacional en categoría inferiores e disputar competición europea co clube onde se formou dende a canteira.
O xornalista Felipe Suárez, precursor da iniciativa, o vicepresidente do AD Cortegada, José Gorgoso; Rubén Domínguez, e Míriam Herrera, que coincidiron como adestrador e xogadora xunto a Sara Gómez no Cortegada, tamén estiveron esta mañá no propio pavillón onde tivo lugar a rolda de prensa.
"Non imos a descubrir a estas alturas a figura de Sara Gómez e todo o que fixo", dixo Julio Bernárdez. "Dende a Federación queremos apoiar dunha vez por todas, con accións contundentes, concretas e rigurosas, o papel da muller dentro do noso deporte. Neste caso hai que recoñecer a labor deportiva e social do traballo de Sara".
Bernárdez recordou a aposta e o traballo que está a facer a Federación para a retirada de camisetas de deportistas que foron referentes e que "pelexaron en condicións de precariedade á hora de poñer o noso deporte, os nosas vilas, pobos e cidades no mapa do baloncesto nacional".
O presidente da Federación Galega de Baloncesto préstase a "encabezar calquer tipo de iniciativa para que se faga xustiza con recoñecemento a unha figura como Sara Gómez no deporte galego"