Deporte Galego

O Campionato Galego de Clubs U17 3x3, en acción

  • 16 Maio 2023 |

Campionato Galego de Clubs U17 3x3 chega este mércores, 17 de maio; a Boiro, da man de CB Santa Baia e Concello de Boiro. 

Será a primeira edición deste Campionato Autonómico, que abre a porta da competición federada 3x3 no ámbito dos clubs.

O escenario da mesma será o Pavillón do CEIP Instituto Santa Baia, contando con retransmisión en directo vía FEGABA TV (en horario de tarde) e coa presencia especial do embaixador FEB, Fernando Romay. 

13 equipos categoría masculina e 5 en categoría feminina buscarán o título de Campións Galegos e a clasificación para o Campionato de España, con 2 prazas dispoñibles por categoría.

U17 Feminina –  Clubs participantes: Jealsa CB Santa Baia, Cafés Candelas Ensino, Institutos de Compostela Xunta de Galicia, Estudiantes Lugo Rio de Galicia e PBB.

U17 Masculina – Clubs participantes: Jealsa CB Santa Baia, Nexo 8 ETT Novobasket, Marín Peixe Galego, Cafés Candelas Ensino,  Estudiantes Lugo Rio de Galicia (2 equipos), CB Rianxo (2 equipos), Sociedad Deportiva Tui, Institutos de Compostela Xunta de Galicia, EDO Blanco Amor, PBB e Seis do Nadal.

Os equipos femininos competirán encadrados en un único grupo. Pola súa banda, a competición masculina repartirase en tres grupos de xogo, dando paso ás cruces clasificatorias decisivas na xornada de tarde. 

O Campionato, en horario de tarde, poderase seguir en directo vía FEGABA TV:

PISTA 1 

PISTA 2

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis