Inmersos de cheo na nosa Campaña #OBaloncestoEduca e ás portas dunha nova xornada de competición, compartimos o Protocolo FGB con respecto a Comportamentos Violentos nas pistas.
Vixente dende a temporada 2015 – 2016, o mesmo establece tres pasos de actuación que todos os implicados na Competición debemos ter presentes.
Desexando que, grazas á colaboración e deportividade de todos, a súa aplicación non sexa necesaria; apelamos de novo á tolerancia cero coas actitudes violentas no ámbito do noso Baloncesto.
Agradecer unha vez o máis o amplo apoio e compromiso co #OBaloncestoEduca
Sección: Actualidade