A 2 División Masculina ten por diante dúas xornadas para dilucidar o seu Campión da temporada 2022 - 2023. A Fase Final celebrarase en Compostela baixo a organización de FEDESA. O seu calendario déixanos unha xornada previa con 4 encontros, que darán paso ás cruces decisivas.
Os 2 equipos que se clasifiquen para final do sábado, 20 de maio; disputaranse o título de Liga galego e obterán o ascenso a Primeira División Masculina.
Fase Final 2 División Masculina
Organiza: FEDESA Rosalía
Pavillón Instituto Rosalía de Castro
X1- 13/05/23
(10:00 h) Calvo Artai - Basquet Coruña S (70 - 53)
(12:00 h) Illa de Arousa - MGR CB Sarria (78 - 73)
X2- 13/05/23
(17:00 h) CB Arteixo Social - Advisor - Calvo Artai (67 - 47)
(19:00 h) Institutos de Compostela - Illa de Arousa (79 - 73)
X3 - 20/05/23
(17:00 h) 3 - 4 Posto: Calvo Artai - Illa de Arousa (83 - 85)
(19:00 h) 1 - 2 Posto: CB Arteixo Social - Institutos de Compostela (59 - 72)